A actualidade non só está sobrevalorada, senón sobredimensionada. O masacre de Melilla foi a resolución dun problema de integridade territorial. A OTAN agrándase en Madrid. O aborto deixou de ser un dereito –non desexado, pero dereito– nos EUA por decisión duns xuíces vitalicios, e por se fose pouco, aquí empezan a organizarse as Cruzadas. Quizais para compensar, o Goberno aproba enviar ás Cortes o proxecto da chamada Lei Trans, a libre determinación da identidade de xénero. Ante a ausencia –con xustificante– de Antón Losada, Ana Luísa Bouza e Xosé Manuel Pereiro botan man de Nanina Santos Castroviejo, prestixiosa feminista, e de David Rodríguez, activista funambulista, para aclarar todo ese rebumbio.