O discurso do becario

Escoitan foguetes? Dianas e alboradas nas rúas? Non, porque aínda non temos presidente, pero o candidato xa leu o tema que lle tocou: «Galicia, Galicia, Galicia», e que sabía de corrido. Así que mañá non haberá sorpresa e Alfonso Rueda comezará o seu proceso de ascensión: primeiro presidente da Xunta, despois xa se verá se «O noso Alfonso».

Aquí, o equipo médico habitual –Ana Luísa Bouza, Antón Losada e Xosé Manuel Pereiro– falamos diso, da directora de CNI, que non se foi e houbo que botala. De Fomento, que sigue pasando de contestarnos sobre o asunto do Villa de Pitanxo. E xa que estabamos, do Senado e todo.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail