200 medios de comunicación e outros tantos fans juancarlistas puxeron esta finde a Galicia no mapa e ao Emérito depositado nun barco que ganou unha regata. Todo un viva antes que comentan os nosos grumetes de garda, Ana Luísa Bouza, Antón Losada e Xosé Manuel Pereiro, cun contramestre invitado, Víctor Honorato, xornalista pontevedrés asentado en Madrid, en eldiario.es, que ante a importancia do evento e pola súa correcta pronuncia do sitio, foi destacado a Sanxenxo. Agora ben, pagou a pena desprazar a Honorato e a 199 xornalistas máis para unha única declaración emérita? «Explicaciones… ¿de qué?» Pasen e escoiten.