Cursos de espionaxe a distancia CNI

Os espías veñen do frío ou daqueles desertos non tan afastados que dicía Aznar? Hai versións de software libre do programa Pegasus ou só a que vende Israel? Por que os segredos que lle captaron ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, acadan a máis que respectable cantidade de 2,6 Gb, mentres os da ministra de Defensa, Margarita Robles, non van máis alá a uns miserentos 9 Mb, menos do que pesa unha canción en mp3? Xa que espiaron as comunicacións do lehendakari Iñigo Urkullu e do president da Generalitat, Pere Aragonés, debemos esixir, como galegos e cidadáns dunha nacionalidade histórica, que espíen tamén as de Alberto Núñez Feijóo na súa calidade de presidente aínda quente da Xunta? Por que Alfonso Rueda anda de xira polas organizacións rexionais e locais do PP? Ándase presentado e deixando tarxetas de visita?

Estes e outros misterios debúllanos, coa súa agudeza habitual, os nosos analistas de garda, Ana Luísa Bouza, Antón Losada e Xosé Manuel Pereiro. Escoiten e difundan.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail