Das eleccións andaluzas parece que se poden sacar dúas conclusións: unha, que o método Feijóo de gañar autonómicas (nada de siglas do partido, nada de ideoloxía e Gali… Andalucía, Andalucía, Andalucía) funciona, ou polo menos funcionoulle a Juanma Moreno Bonilla. A outra é que para non obter moi malos resultados, hai que presentarse dispostos a obtelos bos, e peléxándose o menos posible. Esa é polo menos a visión que aquí, desde a distancia, teñen Ana Luísa Bouza, Antón Losada e Xosé Manuel Pereiro, pero para cumprir o labor de servizo público na defensa do dereito á información que caracteriza a este podcast, pedimos o comodín de alguén que sabe unha chea do que pasa en Andalucía (e non só en Andalucía): Gerardo Tecé, modelo y actriz, guionista no programa Late Motiv, de Andreu Buenafuente e columnista en CTXT.