Novas

Quico Cadaval: «Ao PP de Baiona podo ofrecerlle un curso de alfabetización, pero non gratuíto»

O actor, director teatral e dramaturgo Quico Cadaval relata en «Luzes» o acontecido en Baiona co Partido Popular tras ofrecer un monólogo no que explicaba, a través de historias sobre a emigración galega, o concepto de saudade.

Luzes colabora coa terceira edición de La Uni Climática

Un ano máis, Luzes colabora co espazo formativo a iniciativa de Climática, centrado nesta terceira edición na análise da folla de ruta do IPCC e o seu impacto no futuro do clima.

Feijóo promete acabar coa pobreza en España tras deixar case 600.000 persoas pobres en Galicia

O número de persoas que non poden acceder a bens e servizos básicos creceu en 57.000 durante os trece anos nos que estivo á fronte da Xunta.

Os intérpretes do Parlamento Europeo, en folga

Os sindicatos de funcionarios europeos Ou4Ou e Union Syndicale, así como a Asociación Internacional de Intérpretes de Conferencias (AIIC), denunciaron que o Parlamento Europeo empezou a contratar ilegalmente a traballadores externos para suplir aos intérpretes en folga.

BNG e PSOE esixen que a Xunta compareza como acusación nos delitos contra o colectivo LGTBI 

O Parlamento de Galicia vai debater unha proposta do BNG e outra do PsdeG-PSOE na que reclaman á Xunta que compareza como acusación popular en todos os procesos xudiciais por delitos de odio contra o colectivo LGTBI.

A sentenza que condenou a CRTVG por persecución política xa é firme

O medio público non recorre o fallo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que a condenou por sancionar ilegalmente ao xornalista Carlos Jiménez, que se significou na denuncia da manipulación informativa nos medios públicos

Rueda, o barón brandiño

O auxe de Ayuso e Moreno Bonilla e a sombra de Feijóo complican os intentos do presidente da Xunta para construírse un pefil sólido no Partido Popular.

Feijóo destinou máis de tres millóns da Xunta a fomentar o galego en xornais que non usan esa lingua

A Xunta subscribiu en doce anos preto de oitenta convenios coas empresas editoras de medios en español que seguen publicando a práctica totalidade dos seus contidos nese idioma.

Feijóo pagou a dedo a radios e xornais 45 millóns da Xunta nos seus trece anos de mandato

Axudas e convenios tramitáronse sen concurso público eludindo as garantías de concorrencia, transparencia e control

Juan Carlos de Borbón «goza da vida como un rei» na tele pública de Galicia

A TVG emite en horario de máxima audiencia un especial sobre o rei emérito que obvia toda mención aos seus escándalos e corruptelas e aos motivos polos que tivo que abdicar e polos que marchou a Abu Dabi

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail