Luzes colabora coa terceira edición de La Uni Climática

Un ano máis, Luzes colabora con La Uni Climática, un espazo formativo a iniciativa de Climática centrado nesta terceira edición na análise da folla de ruta do Grupo Intergubernamental de Expertos sobre o Cambio Climático (IPCC) e o seu impacto no futuro do clima.

Baixo o título Tras o IPCC, Ciencia e Acción, o programa contará, entre o 11 e o 14 de xullo, con 29 relatoras e relatores especializados en diversas áreas da crise climática, como a vicepresidenta do IPCC, Thelma Krug, o investigador do Centro Vasco para o Cambio Climático (BC3) e experto en cambio climático con perspectiva de clase Xaquín García-Muros ou o investigador grego Giorgos Kallis, que traballa sobre a xustiza medioambiental e os límites do crecemento.

Se tes unha subscrición á Revista Luzes, terás acceso a un 50% de desconto na III edición de La Uni Climática. Podes inscribirte con desconto a través deste enlace, utilizando, ao facer a compra, o código de cupón que atoparás no teu correo electrónico (non esquezas revisar a carpeta de spam!).

Podes consultar o programa completo aquí.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail