O actor, director teatral e dramaturgo Quico Cadaval relata en Luzes o acontecido en Baiona co Partido Popular tras ofrecer un monólogo no que explicaba, a través de historias sobre a emigración galega, o concepto de saudade.
Cadaval destaca a boa acollida que tivo o espectáculo por parte do público, en contraste coa actitude do partido, que censurou o uso da lingua galega e describiuna como «dialecto». Pouco despois, o PP de Baiona rectificou o comunicado e trasladou a responsabilidade á persoa que redacta os comunicados, externa á agrupación política. «Botarlle a culpa a esa moza ou mozo do que procede unicamente da súa carraxe por non estar no poder paréceme de infames e de covardes. A ignorancia pódese corrixir, pero a necidade non», valora o artista.
Tras narrar dous episodios similares de ataques á lingua galega por parte do Partido Popular de Lalín e Santiago de Compostela vividos por el mesmo no pasado, Quico Cadaval lanza unha oferta ao grupo popular baionés que xa fixera no pasado á agrupación lalinense: «Podo ofrecerlle un curso de alfabetización, pero neste caso non sería gratuíto, tería que cobrar e moito porque para desasnar a esa xente hai moto que avanzar».
Podes escoitar o relato completo aquí: