Autor: Juan Oliver

Proportion
Juan Oliver27 Maio, 2023

Baltar foi a Madrid para ir con Almeida á estrea dunha película o día da multa da filla do seu chofer

O vehículo oficial da Deputación de Ourense foi detectado polo radar da DXT en dirección a Madrid poucas horas antes da estrea de «Cuñados» nun cinema da praza do Callao.

Proportion
Juan Oliver26 Maio, 2023

A muller e a filla do chofer de Baltar, multadas por conducir con exceso de velocidade o coche oficial da Deputación

O organismo provincial identificounas diante da DXT como as condutoras dun dos vehículos asignados ao presidente en senllos expedientes sancionadoras por circular a 165 km/h e a 179km/h.

Proportion
Juan Oliver24 Maio, 2023

O conselleiro de Medio Rural culpa dos incendios á protección ambiental da UE

José González Vázquez relaciona a Rede Natura coa proliferación do lume e alerta de que os montes galegos están a encherse «de jabalíes, de corzos e de lobos»

Proportion
Juan Oliver24 Maio, 2023

María Dibuja, exconcejala de Democracia Ourensana: «Feijóo puido acabar hai tres anos con Jácome e con Baltar e non quixo facelo»

«Se a xustiza fose xusta, se aplicase a lei por igual ao camareiro e ao político, Jácome e Baltar terían que estar imputados penalmente»

Proportion
Juan Oliver23 Maio, 2023

Feijóo coñece desde 2020 a trama de Jácome, pero mantívoo na Alcaldía para evitar a caída de Baltar

«O montante total recadado estaría nunha cifra ao redor dos 800.000 euros que irían a parar integramente ao patrimonio persoal de Gonzalo Pérez Jácome», advertía o documento enviado ao PP, do que non fixeron caso.

Proportion
Juan Oliver22 Maio, 2023

Xosé Sánchez Bugallo: «A nosa prioridade é defender o carácter residencial dunha cidade viva, non un decorado turístico»

«A aceleración dos procesos de cambio foi tal, que se unha cidade queda parada durante catro anos, xa non digo oito, recuperar a distancia perdida pódese converter nunha misión imposible».

Proportion
Juan Oliver20 Maio, 2023

Miguel Anxo Fernández Lores: «Pontevedra é o paraíso»

«Hai crise do comercio local en todas partes, pero aquí florece, entre outras cousas porque se se aposta polas grandes superficies na periferia, iso desertiza os centros das cidades»

Proportion
Juan Oliver16 Maio, 2023

A Xunta gastou 17 millóns en convenios a dedo e publicidade nos medios nos meses previos á campaña do 28M

Só entre febreiro e abril, o Goberno de Alfonso Rueda licitou máis de 9 millóns de euros en anuncios en xornais e revistas de papel, cuñas de radio, anuncios de televisión e 'banners' en medios dixitais.

Proportion
Juan Oliver11 Maio, 2023

Os traballadores da CRTVG volven á folga no arranque da campaña contra a manipulación do PP

Acusan á dirección, que encabeza Alfonso Sánchez Izquierdo desde que Feijóo o nomeou a dedo hai 14 anos, de poñer os medios de comunicación públicos ao servizo dos intereses electorais dos populares.

Proportion
Juan Oliver10 Maio, 2023

Jácome: «A nai que me pariu! Puxeron un micrófono na Alcaldía!»

O alcalde de Ourense asegura que os audios que lle implican en prácticas corruptas son falsos e están manipulados con intelixencia artificial por «unha mafia ao estilo Watergate».

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail