REVISANDO OS DANOS

Morreu ‘Lito’, un dos compañeiros de Moncho Reboiras

A noite pasada morreu na Coruña Xan López Álvarez, Lito. Durante moitos anos, para min era Xan, o da Confraría de Pescadores da Coruña. Tardei bastante en saber que tamén era o Lito que fora compañeiro de Moncho Reboiras, e un dos presos da UPG, con Manolo e Marisa de…

Rogelia, realismo máxico ou realidade tráxica?

«Aparece viva unha anciá morta por Covid». «Rogelia, de 85 anos, volve viva á súa residencia 10 días despois de que a enterren». O caso da anciá enferma de Covid, residente no centro de San Bartolomeu (Xove-Lugo), que foi dada por morta ao ser confundida coa súa compañeira de habitación…

Alicia G. Montano

Vén de morrer Alicia G. Montano. Os deuses collen para si os mellores. Alicia foi moitas cousas en TVE, e moitas boas. Unha defensora a ferro da televisión pública. Directora de Informe semanal, e a persoa máis votada nesa carreira de fondo que está sendo a elección de director xeral…

Discurso con marco

Hai un xénero retórico, de plasmación audiovisual, chamado o discurso de fin de ano. Un xénero menor, desde logo, subxénero doutro tampouco de ton precisamente elevado que é o discurso institucional. O discurso de fin de ano (DFA) tentou elevarse da liña plana do constitucional, pero unicamente conseguiu executar, no…

Castelao é de todos, por suposto

Tivo razón Alberto Núñez Feijóo cando dixo, no debate sobre como vai o noso, que Castelao era de todos. E cando ten razón, o presidente ou quen sexa, hailla que dar. E para que sexa máis de todos, ofrezo agora algunhas frases das súas obras, para que nos mergullemos todos…

A última (pero non derradeira) lección de Feijóo

Diante do cadro, A derradeira leición do mestre, o óleo no que Castelao recreou a estarrecedora estampa do asasinato de Alexandre Bóveda que xa debuxara no álbum Galicia mártir, Alberto Núñez Feijóo deu unha mostra máis, que non a derradeira, desa súa liña de discurso consistente en coller o porco…

No ver la gallega en el ojo ajeno

Alberto Núñez Feijóo, que como saben é presidente de Galicia, e non recente, asegura que non ve a TVG, a cadea de televisión pública nacida a resultas do mesmo Estatuto do que naceu a institución que el goberna. A declaración de Feijóo supón unha escalada no desapego que xa demostrou…

Experiencias carcelarias

Acabo de saír do cárcere da cidade irlandesa de Cork. Fun de visita turística, e ademais a Cork City Gaol dentro de pouco cumprirá cen anos sen selo. Saín con dúas sensacións –polo menos dúas- no corpo. Unha, a de que menos mal que o código penal –e o sistema…

AVE para rato

En tempos tan remotos como 1989, ou por aí, cando Fernando González Laxe era presidente da Xunta, ou acababa de selo, dixo que o AVE, ou as autovías (xa ven que a miña memoria é prodixiosa), que levaban un lustro solicitándose, por moito que correran as obras non ían poder…

O outro Xabier

«Oichó...» O primeiro motivo de complicidade con Xavier P. DoCampo foi formar parte os dous dese escaso 13% dos galegos que somos de Lugo, ou máis exactamente dese aínda máis cativo porcentaxe de lugueses con memoria vilega ou rural. Os que podemos manexar como vocativo ese «oíches, ho!» contraído, ou…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail