PODCAST

1×15: Artur Galocha, mundo visual e o catálogo de Ikea

É extremadamente complicado que ao longo dun día non atopemos algo que fose deseñado por outra persoa. Directamente imposible. Aínda que quedásemos na cama soamente, ese moble sobre o que durmimos nalgún momento foi un debuxo sobre o papel. Pódese dicir que esta sociedade é cada vez máis visual, case…

1×14: Carlangas, música global e Novedades Herminia

Neste mundo global somos capaces de atopar e escoitar música en segundos que non podíamos nin imaxinar. Do mesmo xeito, os mesóns e parrilladas da nosa terra conviven frecuentemente con restaurantes mexicanos, italianos e asiáticos e nós, como clientes, adaptámonos e combinámolos acorde ao que queremos. Todo vai mudando mentres…

1×13: Nacho Carretero, realismo máxico e camisolas de fútbol

Se a vida nos demostra algo é que contar ben anécdotas é unha arte non ao alcance de todxs. Cada vez que atopamos a unha desas persoas que hipnotizan cando falan, que enmudecen unha sala chea de xente soamente co que narran, sentimos que acabamos de descubrir unha xenialidade ou…

1×12: Esther Estévez, comunicar en tik tok e Skam Ferrol

Pantallas a todas horas, pantallas en todas partes. Espertamos xunto a unha, xantamos e ceamos fronte a outra, pasamos horas de ocio ante varios tipos: grandes, pequenas, de cine, extraplanas. Cada día pasan por elas moitos rostros a contar o seu, o que lles toca, o de sempre pero diferente.…

Especial fin de ano: repaso ao 2020 en compañía

Agnus horribilis. Ou como diríamos hoxe en día: vaia ano levamos. Pero non por iso debemos olvidar o bo que tivo, o pouco que dirían algúns, pola gran presencia que ten o malo, o pésimo. De feito, hai a quen non lle foi nada mal. Este capítulo especial é un…

Especial de Nadal: Moita absenta e pouco café con Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro

Cando anunciaron as medidas para poder xuntarse no Nadal todo o mundo comezou a botar contas, aritmética de familia para escoller quen si e quen non. Soamente uns días despois chegaron á conclusión de que moitas cousas arredor da Noiteboa quedaban tamén descartadas. Unha delas son as ceas de empresa,…

1X11: Sabela, a cultura do hate e vivir un reallity

Vivimos nun momento da Historia que a realidade parece superar a ficción, somos protagonistas e figurantes ao mesmo tempo de grandes acontecementos. Algúns vémolos en directo, sen intermediarios, pero a gran maioría son retransmitidos en pantallas que, hoxe en día, son de moitas formas e tamaños. Estas cuartas paredes separaban…

1×10: Neves Rodríguez, historias invisibles e mil cómics para ler

Se hai unha constante na vida é que do que non se fala, non existe a ollos do mundo. Pero isto non significa que non exista de verdade. Moitas foron e son as voces caladas porque a súa dor ou protesta non cabían nunha axenda mediática, porque non cadraban ou…

1×09: A Raíña Vermella, saúde mental e a filosofía Mr. Wonderful

Advertencia: deste programa podes saír cunha sensación de comprensión e mellor estado de ánimo. Moitas son as palabras que empregamos a diario para referinos aos estados mentais. Estamos tolos, malucos, dementes e un longo etcétera que históricamente todos repetimos sen pararnos a pensar na realidade tras estas verbas. Pero quizais…

1×08: Verto, música sen pretensións e medo ás chamadas

Diversión. Esa é a palabra. Neste mundo en constante movemento e a velocidades que meten medo acostumamos esquecernos daquela filosofía do 2004: rir alomenos 10 minutos ao día. Tan importante é facer cousas como ser felices no proceso e, en ocasións, conformarse con iso como resultado final. Non todo pode…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail