Se hai unha constante na vida é que do que non se fala, non existe a ollos do mundo. Pero isto non significa que non exista de verdade. Moitas foron e son as voces caladas porque a súa dor ou protesta non cabían nunha axenda mediática, porque non cadraban ou encaixaban coa liña dun discurso que non se acomplexaba de expulsar a certos sectores da sociedade. Grazas ao aumento do activismo e a conciencia, podemos falar abertamente de feminismo, violencias e invisibles. Hoxe acompáñanos Neves Rodríguez para falar da lacra machista, da visibilidade, da reivindicación dunha cultura propia e mil cómics para ler.
