1×09: A Raíña Vermella, saúde mental e a filosofía Mr. Wonderful

Advertencia: deste programa podes saír cunha sensación de comprensión e mellor estado de ánimo.

Moitas son as palabras que empregamos a diario para referinos aos estados mentais. Estamos tolos, malucos, dementes e un longo etcétera que históricamente todos repetimos sen pararnos a pensar na realidade tras estas verbas. Pero quizais dun tempo para acó a conciencia medrou, a preocupación polo benestar mental tanto como do físico é un rasgo xeracional que debemos manter e expandir. Para aprender sobre saúde mental e Ciencia hoxe gozamos da compañía de Raíña Vermella, psiquiatra e divulgadora, coa que nos sentimos en terapia. Tamén parolamos sobre o mundo laboral, os emocións ou a importancia de sentirse representado.

Podes escoitar o programa clicando aquí

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail