PODCAST

S01E13 – Seis lagos misteriosos

Hoxe temos o pracer de presentar en exclusiva a segunda edición dos Lake Awards, na que Malva e Duarte intentan desenvolverse sen o seu produtor na sombra o Ghanito mentres conversan sobre temas moi relacionados cos lagos, como pirámides, o que queren que pase cos seus corpos cando morran e…

S02E35 – Visibilidade ??‍♀️

No episodio desta semana, patrocinado coma sempre por PuntoGal, acompáñanos a tiktoker burelá Paula Jorge para falar sobre a representación de persoas racializadas nos medios de comunicación. Afortunadamente, semella que pouco a pouco a presenza de persoas racializadas nas redes sociais vai aumentando.

«Explicaciones… ¿de qué?»

200 medios de comunicación e outros tantos fans juancarlistas puxeron esta finde a Galicia no mapa e ao Emérito depositado nun barco que ganou unha regata. Todo un viva antes que comentan os nosos grumetes de garda, Ana Luísa Bouza, Antón Losada e Xosé Manuel Pereiro, cun contramestre invitado, Víctor Honorato, xornalista…

Sanxenxo, porto refuxio

Sanxenxo será esta finde porto refuxio, como a illa caribeña da Tortuga na que se acubillaban no século XVII e XVIII aqueles navegantes que tiñan unha relación tensa coa legalidade. Non nos referimos á parte máis escollida dos veraneantes de sempre, senón ao Emérito, o rei vello, que segundo informou…

S02E34 – Lingua?

As Womansplainers somos laretas, lingoreteiras, bilingües, políglotas, filólogas, diglósicas e cunilingüistas. Por todos estes motivos non podiamos deixar pasar o Día das Letras sen facermos un episodio especial sobre #OdoGalego. Na compaña da xornalista do Diario de Pontevedra Chus Gómez Dorrego, discutimos algúns dos temas máis quentes da nosa lingua…

S02E33 – Rexouba eurovisiva?

Good Evening, Europe! It's Podgalego calling! Algunhas womansplainers somos máis eurovisivas ca outras, pero ao final -e á final- non se soubo resistir ningunha. Sen podermos animar as representantes que queriamos para o país, tiñamos diferentes favoritas. Quen nos salvou de caermos durmidas entre tanta baladona? Quen defendeu ben a…

S02E32 – Fútbol ⚽️

Unhas veces na posición de defensa, outras na posición de ataque, o noso podcast aborda cada semana temas novos. O asunto do fútbol levaba dúas temporadas a rondar e agora entramos no xogo coa nosa convidada Vanessa, que participou en Siareir@s e falou desde Cuntis. A primeira cuestión entrou no…

O discurso do becario

Escoitan foguetes? Dianas e alboradas nas rúas? Non, porque aínda non temos presidente, pero o candidato xa leu o tema que lle tocou: «Galicia, Galicia, Galicia», e que sabía de corrido. Así que mañá non haberá sorpresa e Alfonso Rueda comezará o seu proceso de ascensión: primeiro presidente da Xunta,…

S01E12 o misterio do sinal Wow, con Iris Gestoso

Nesta nova entrega de Malva e Duarte falan de misterios traemos a unha convidada chulísima, Iris Gestoso, para facer unha entrega algo diferente e falar de conspiracións, ciencia e sobre todo aliens (esquivando todo o racismo posible), a través do caso Wow!, un sinal do espazo captado nos anos 70…

S02E31 – Pracer ?

Na segunda parte deste dobre episodio coa psicóloga e educadora sexual Hadriana Ordóñez, as Womansplainers seguimos a explorar os interrogantes do pracer. Máis de dous milenios de xudeocristianismo impuxeron en nós fortes dicotomías respecto do noso propio pracer: De quen queremos ser, da Eva ou da Lilith? O noso desexo…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail