Vivimos nun momento da Historia que a realidade parece superar a ficción, somos protagonistas e figurantes ao mesmo tempo de grandes acontecementos. Algúns vémolos en directo, sen intermediarios, pero a gran maioría son retransmitidos en pantallas que, hoxe en día, son de moitas formas e tamaños. Estas cuartas paredes separaban espectáculo de espectador ata que os reality shows chegaron ás nosas vidas, cun impacto difícil de prever. Este formato de concurso adaptouse e chegou a adoptar diferentes nomes, algúns incluso nos que se camufla. Hoxe temos no Café Derby 21 á finalistade Operación Triunfo e cantante (tamén compositora) Sabela Ramil, ou Sabela, a secas. Con ela falamos sobre a cultura do hate nas redes sociais, xestionar a fama, ser icono cultural de Galicia ou musicoterapia.