Besteiro renacido e o galego prohibido

Con menos suspense que nunha película de Santiago Segura (pero con tanta demora no desenvolvemento narrativo), e máis trailers que unha da Marvel, o PSdeG-PSOE escolleu xa candidato á presidencia da Xunta: con todos vostedes, e como non podía ser doutro xeito: Xosé Ramón Gómez Besteiro.

E con todos vostedes tamén, un tal Xosé Clemente, que foi o responsable en orixe (e logo todos os que non o remediasen) de que na ABAU non se vaia preguntar pola situación do galego anterior á proclamación do Estatuto de Autonomía, non sexa que as tenras mentes da xente nova se vaian estremecer con descricións similares ás que Dante fixo dos círculos do inferno na súa Divina Comedia.

E falando do inferno, pero aquí, Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro falaron tamén das enormes tragadeiras da prensa española e internacional sobre as informacions (?) do que está a pasar en Gaza.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail