Categoría: A actualidade está sobrevalorada

Proportion
A actualidade está sobrevalorada25 Xuño, 2025

Unha bispa e dous santos

Temos unha bispa nova na oficina! Cristina Moreira vén de ser designada pola Association of Roman Catholic Women Priest. E dos santos (de pedra), Abraham e Isaac, volverán a Santiago. Polo que se ve, a fe move montañas.

Proportion
A actualidade está sobrevalorada18 Xuño, 2025

Uber, agresións e Koldo

Legalidade? Que é iso de legalidade? Desde as compañías de transporte que entran nas cidades sen permisos dos concellos, ata Koldo, ese home que non soamente as facía, senón que as gravaba, pasando polas agresións a persoal sanitario.

Proportion
A actualidade está sobrevalorada11 Xuño, 2025

Madrid pon orde en Ourense

Un grupúsculo de retórica comunista e ideas de estrema dereita, procedentes de Madrid foron a Ourense a anunciarlles aos veciños que a única xustiza que existe é a que hai nun bate de béisbol.

Proportion
A actualidade está sobrevalorada5 Xuño, 2025

Os conselleiros, ai os conselleiros!

Non foi unha semana fina para a nosa clase dirixente. O conselleiro do Mar dimite (entre aplausos!) ao ser investigado por agresión sexual. E o de Educación, compara a neutralidade en asuntos como Gaza ou Ucraína, poñendo como exemplo as patacas.

Proportion
A actualidade está sobrevalorada29 Maio, 2025

As Guerras Médicas e unha recepción impresentable

Volven os 80 e as súas tolas desputas localistas? Marta Otero Mayán, secundada por Ana Luísa Bouza, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro explica que non. O non ten explicación ningunha é recibir ao representante dun goberno xenocida

Proportion
A actualidade está sobrevalorada23 Maio, 2025

Mondariz Balneario, Avión e unha absolución

Que pasa no Balneario? Parece o titulo dunha novela de misterio británica, pero é a historia real duns 300 migrantes refuxiados no concello máis pequeno de Galicia que acabaron sendo atendidos pola poboación

Proportion
A actualidade está sobrevalorada14 Maio, 2025

Xente que se vai, xente que vén

Foise, co sentimento de todas as boas persoas, Pepe Mujica. Noutro mundo (neste) foise a directora xeral de pintar a cana verde e na CRTVG ascenderán á que xa mandaba.

Proportion
A actualidade está sobrevalorada8 Maio, 2025

Eleccións alí arriba e aquí ao lado

A tal hora, o Espirito Santo e o electorado portugués están convocados a escoller os próximos dirixentes no Vaticano e no Palacio de São Bento.

Proportion
A actualidade está sobrevalorada1 Maio, 2025

O Día dos Transistores (e do Traballo)

Onde estabas ti ás 12,33 do 28 de abril de 2025? Cóntannos aquí a súa peripecia os nosos tertulianos/as, pero as horas seguintes todos estivemos pegados ao transistor, como os futboleiros de antes as tardes de domingo.

Proportion
A actualidade está sobrevalorada24 Abril, 2025

Cónclave no Hórreo

O balance de xestión e promesas no Parlamento Galego non foi tan ameno como o Estilo Galicia da semana pasada na Cidade da Cultura, pero tamén nos deu que falar. Mentres, aló en Roma...

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail