Etiqueta: Francisco Franco

Proportion
Juan Oliver14 Xuño, 2026

«Usted debería saber»: o ensaio de Manuel Monge que rastrexa a herdanza franquista da democracia española

A última obra do sociólogo e historiador coruñés cuestiona os consensos da Transición e sitúa o franquismo como elemento constitutivo e non superado do sistema político español.

Proportion
Juan Oliver9 Abril, 2026

Francis vai de pesca: a operación da ditadura para que o neto de Franco usase os aparellos do «Azor» nun concurso

No verán de 1974, a Casa Civil do Xefe do Estado enviou desde Sada a Castellón, por valixa e baixo supervisión militar, os apeiros para atúns do seu iate para que Francis Franco participase na proba.

Proportion
Juan Oliver5 Abril, 2026

Franco pagaba con diñeiro público os seus medicamentos, as medias da súa muller e ata os apósitos dos netos en Meirás

A Casa Civil do Xefe do Estado aboaba tamén os gastos de tinturaría e papelería e en obxectos persoais da súa muller, e adiantaba diñeiro para os billetes de avión do seu neto maior.

Proportion
Juan Oliver22 Marzo, 2026

O último verán de Franco en Meirás: mañás de golf e tardes no «Azor» con Juan Carlos e Sofía

O diario do xefe da Casa Civil do ditador e os rexistros do pazo recollen que o exrei visitou o tirano varias veces no verán do 75 en compañía da súa esposa, os seus fillos e o seu instrutor, Alfonso Armada.

Proportion
Juan Oliver15 Marzo, 2026

A última cea de Franco en Meirás: crema de verduras, meigas, ameixas e Evacuol

Os arquivos do pazo revelan que o ditador consumía nos seus últimos días sete fármacos contra o párkinson, a osteoporose, a fatiga, o estrinximento, as infeccións cutáneas e urinarias e as crises respiratorias.

Proportion
Juan Oliver20 Novembro, 2025

Embalsamar o franquismo: así preparou o réxime a agonía e a morte do ditador para asegurar a súa sucesión

O falecemento do tirano hai 50 anos produciuse a cámara lenta e no medio dunha batalla médica para mantelo con vida que discorreu paralela aos enfrontamentos entre as distintas faccións da ditadura.

Proportion
Yolanda Virseda9 Xuño, 2025

Franco, ese «bro»

En case toda España a ultradereita está a prender con forza  entre os adolescentes. Sorprende que, 50 anos despois de  a súa morte, Franco pareza máis presente que nunca no ideario de moitos dos mozos.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público5 Febreiro, 2023

O Museo Militar da Coruña segue honrando a Franco cun busto e un retrato entre reis e heroes de guerra

O Ministerio de Defensa refusa confirmar se cumprirá a Lei de Memoria para retirar unha escultura e un cadro en recordo do ditador situadas entre obras dedicadas a Isabel de Castela, Carlos I, Felipe II, Alfonso XIII e Juan Carlos I.

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público23 Abril, 2022

La Piniella, a casona asturiana que os Franco tampouco dan vendido

A familia rebaixa a 1,9 millóns de euros o prezo que pide pola luxosa vivenda na que o ditador e ...

Proportion
Juan Oliver. Luzes-Público13 Marzo, 2022

Camposancos, a porta do inferno: o campo de concentración sobre o que Franco artellou o seu aparato represor

A Fundación 10 de Marzo publica «A porta do inferno», de José Antonio Uris e Víctor Santidrián, sobre o antigo ...

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail