Categoría: Podcast

Proportion
A actualidade está sobrevalorada9 Decembro, 2022

Galicia intelixente, maltratador á fuga e fachas street boys

Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro explican como poden que é iso da AESIA, por que veu para Coruña e non para outro lado (spoiler: non é o que parece). Metidos en fariña xudicial, tamén lles dá tempo a falar de Feijóo e do Yoyas.

Proportion
Malva&Duarte7 Decembro, 2022

S02E05 – Malva e Duarte teñen conversas perversas. Especial conspiracións Parte 1

Desta vez Malva e Duarte mudan os misterios polas conspiracións no episodio máis especial ata o momento, nunha colaboración co podcast de Conversas Perversas. Abandonamos o esquema habitual para facer unha competición de teorías, e ver que conspiración gaña.  

Proportion
A actualidade está sobrevalorada2 Decembro, 2022

100 anos de Fraga, 30 do «Mar Exeo» e 2 días de cultura da violación

Manuel Fraga Iribarne foi o mellor presidente de Galicia? O máis característico e idiosincrático? O máis complexo? Ou simplemente unha reliquia do franquismo que atinou a sobrevivir? Peliaguda cuestión que debulla a nosa banda dos catro.

Proportion
Cultura a todas Luzes30 Novembro, 2022

CTL 7: María Solar e Manu «Caamagno»

María Solar presenta «A culpa», recente Premio Xerais 2022. Manu chega como representante de Familia Caamagno, un grupo de colegas e á vez banda xa consagrada na música galega que trae «O mundo está derrotado».

Proportion
A actualidade está sobrevalorada25 Novembro, 2022

Culpas repartidas: pacientes e vítimas

«A sanidade madrileña está mal? Pois a nosa non se pode quedar atrás!» parece ser a consigna das nosas autoridades. Centros de saúde sen pediatra («non quedabamos en que había poucos nenos?»), e o Colexio Médico de Pontevedra («outros politizados?») que rompe relacións coa Consellería de Sanidade.

Proportion
Malva&Duarte22 Novembro, 2022

S02E04 O misterio do triángulo das Bermudas

Desfrutade do especial Sara, Malva e Duarte falan de misterios, no que contamos con Sara Seco para falar do fenómeno das Bermudas.

Proportion
A actualidade está sobrevalorada18 Novembro, 2022

Corcubión, mon amour

Con Pereiro por Bruxelas a conta do Prestige tocou facer repaso e repartir barcos cheos de chapapote e industrias merdeiras polas rías galegas. Ademais houbo tempo para avaliar a bondade xurídica da lei do «solo sí es sí» e preguntar se entrar no xogo do populismo punitivo é botarse nas mans da dereita.

Proportion
Cultura a todas Luzes15 Novembro, 2022

CTL 6: Nastasia Zürcher e Iván Prieto.

Nastasia Zürcher presenta «But Life Is Beauty Full» e viaxamos con ela por fragmentos do seu disco. Iván Prieto fálanos do seu traballo. Como é a vida dun escultor?

Proportion
A actualidade está sobrevalorada11 Novembro, 2022

«Prestige» e Correo, naufraxios galegos

Esta semana Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero e Xosé Manuel Pereiro lembran o que facían cando tiveron a primeira noticia do Prestige e sorpréndense moderadamente co comportamento da Xunta de Galicia en relación a El Correo Gallego.

Proportion
Malva&Duarte8 Novembro, 2022

S02E03 O misterio de Amelia Earhart

Nesta semana, Malva e Duarte tratan por fin un dos temas máis esperados: a misteriosa desaparición da piloto Amelia Earheart ...

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail