100 anos de Fraga, 30 do «Mar Exeo» e 2 días de cultura da violación

Cando espertamos, o dinasauro… non, non estaba alí, pero nós seguimos falando del. Do centenario que Fraga celebraría estes días, no que tamén acontece o seu 10º cabodano e o 20 aniversario do Prestige. Manuel Fraga Iribarne foi o mellor presidente de Galicia? O máis característico e idiosincrático? O máis complexo? Ou simplemente unha reliquia do franquismo que atinou a sobrevivir? Peliaguda cuestión que debulla a nosa banda dos catro: Ana Luísa Bouza, Antón Losada, Marta Otero Mayán e Xosé Manuel Pereiro. 

E xa lanzados, celebran outro aniversario: os 30 anos desde que o petroleiro Aegean Sea, Mar Exeo para coruñeses a amigos, se espetou –practicamente– contra a Torre de Hércules. Magno acontecemento ao que Marta Otero lle dedicou un libro –Cuando el mar ardió– que está á súa disposición en Amazon.

E aínda deu para falar doutro asunto: Irene Montero e o seu ataque ao PP como promotor da cultura da violación, a conta da campaña da Xunta. A ministra de Igualdade montouna farta de tanto ataque? Ou é unha estratexia calculada? Para sabelo –para saber o que opinan os nosos falangueiros– non van ter outra que clicar aquí abaixo. Non se arrepentirán.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail