Volvemos á casa. E recibimos a unha cantante e un escultor, completando o programa que fixeramos na Galería Dupla. Nastasia presenta But Life Is Beauty Full. Viaxamos con ela por fragmentos do seu disco. Iván fálanos do seu traballo. Como é a vida dun escultor? A arte véndese, aínda que vos pareza raro. Compartimos reflexións, risas. E despois unha comida preciosa, que non está gravada, mais non todo vai ser co micro. Desfrutade!