Galicia tamén vota, aínda que case non se nota 

Este artigo tamén está dispoñible en: Castelán

O 28 de abril vótase en toda España, aínda que por momentos parecería que hai territorios como Galicia por onde a campaña pasa de longo. Non é o único caso, pero é o que a nós máis nos doe. Nin se visualizan os problemas de Galicia, nin hai candidatos galegos á presidencia trala xubilación de Mariano e nin sequera os aspirantes á Moncloa se toman a molestia de facer algunha chiscadela local nas súas visitas de médico para o mitin, máis aló da referencia gastronómica ou o monumento ou paisaxe que colocan detrás do atril.
Quen non recorda aquelas campañas nas que ningún candidato que se preciar do PP ou do PSOE podía ir a Galicia sen prometer prazos concretos no seu día para as autovías, bo era don Manuel, e logo para o AVE polo que seguimos esperando. Agora nada, tres frases feitas, bicos, selfies e ao avión. Claro que ás veces, é case mellor que se esquezan dun porque o PP ben que se acordou en vésperas electorais de ampliar ata o infinito e máis aló as peaxes da Autopista do Atlántico que van seguir pagando os nosos netos ou a autorización para Ence, agora cuestionada polo goberno socialista.
Con Rajoy tiñamos polo menos garantida a cota pontevedresa; coas súas camiñadas por Ribadumia e as súas celebradas frases que non eran galegas pero que en Madrid tomábanse como parte do seu carácter e o seu humor galaico. Ana Pastor intentou recuperalo na súa campaña, pero apenas conseguiu un par de excelentes crónicas costumbristas como as daquelas vellas glorias do Hai que roelo.

Esta orfandade está relacionada coa ausencia dun actor puramente galego con peso na política española. En Marea vai camiño da desaparición, Podemos Galicia é xa unha sucursal máis do partido de Iglesias e o Bloque tamén vai a desperdiciar unha gran ocasión para volver ao Congreso

Así as cousas, as únicas referencias galegas da campaña hai que anotarllas a Xavier Fortes, un dos ganadores do culebrón dos debates. Ademais dos saúdos na nosa lingua, o primeiro día atreveuse a meterse no debate despois de que Aitor Esteban se queixase do atraso do AVE a Euskadi. E o de Galicia, que? Preguntouse Fortes. De súpeto, sentímonos representados. Nin Cayetana Álvarez de Toledo soubo que dicir e iso que a candidata do PP ten resposta para todo.

A TV de Galicia decidiu darlle emoción ao seu propio debate colocándoo no prime time das 10 da mañá do martes de Semana Santa. Aínda están buscando aos heroes que viron o espectáculo á hora do almorzo

Esta orfandade está de novo directamente relacionada coa ausencia dun actor puramente galego con peso na política española. En Marea vai camiño da desaparición e Podemos Galicia é xa unha sucursal máis do partido de Iglesias. Segundo as enquisas, o Bloque tamén vai a desperdiciar unha gran ocasión para volver ao Congreso xusto cando un ou dous deputados poden valer o seu peso en ouro para formar o próximo goberno.
Para completar o panorama, a TV de Galicia decidiu darlle emoción ao seu propio debate colocándoo no prime time das 10 da mañá do martes de Semana Santa. Aínda están buscando aos heroes que viron o espectáculo á hora do almorzo. Polo menos podíano poñer o Venres Santo e así podían ir todos de venres negros. Feijóo sabe moi ben que os resultados do domingo non lle van a gustar e trátase de disimulalos o máis posible; máis que nada porque o PP pode sufrir unha derrota histórica en Galicia e ser superado nunhas xerais polo PSOE por primeira vez en democracia. E todo a un mes das municipais, a un ano das autonómicas, sen saber que vai facer Feijóo e que vai ser do PP de Casado despois do 28 de abril.

Este artigo tamén está dispoñible en: Castelán

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail