Saca o teu lado choni

Todas temos un lado choni. É intrínseco, independentemente de onde vivas, como vistas ou o diñeiro que teñas. É ese instinto interior que, cando alguén te amola, fai que desexes miralo fixamente aos ollos e, con xesto de veciña do Bronx (ou do Valadouro), espetarlle un sonoro «Que!».
O tan denostado chonismo non é unha pose, nin poñer arandelas de ouro nin escoitar reguetón á hora da sesta. É ese berro interno que, sobre todo co paso dos anos, poucas deixamos saír cando nos sentimos ameazadas, xulgadas ou imperativamente subordinadas. A min pásame continuamente cando un tío me mira de xeito lascivo. Pensa que me vou poñer nerviosa, que vou baixar a cachola e que, se o plan non lle funciona, aínda pode liberar algún comentario impertinente, deses que algúns chaman piropo. Aínda que raie no soez. De feito, ata hai pouco pasábame, e aínda me ocorre algunha vez cando ando coa garda baixa.

Unha muller do Valadouro escorrenta a paus o ladrón que entrou na súa casa | CRTVG

Unha veciña do Valadouro, de 85 anos de idade, conseguiu poñer en fuga o ladrón que tentaba asalt…

Pásame tamén con persoas que coñezo. Hai pouco, estando de troula, atopeime cun colega de toda a vida, deses que pasas anos sen ver, e cando coincides cóntache a súa vida, e ti a el a túa. Total, o rapaz liouse, e confundiu a miña simpatía cun convite para meter a súa boca no meu pescozo, e arrimarse moito, e aproveitar o arroupamento da multitude ociosa para arrimarse aínda máis. Pois ese día andaba eu coa garda baixa, e pensei que afastándome, apartándolle as mans e falando estratexicamente con outra xente que andaba por alí, o coitado ía captar a mensaxe. Non resultou.
O rapaz liouse, e confundiu a miña simpatía cun convite para meter a súa boca no meu pescozo, e aproveitar o arroupamento da multitude ociosa para arrimarse aínda máis
Sentín ganas de poñerme choni e, co agobio, ata de soltarlle unha hostia. Cousas que me pasan cando me sinto vítima. Pero, automaticamente, a miña mente pensou nesa frase tan de tío, «É que as tías, de festa, sodes unhas bordes!», ou «pero mira que é altaneira: vai de pija e é unha choni», ou eses outros que te asaltan, do tipo «con ese carácter non lle vas gustar a ninguén». Calificacións perfectas para aliviar o escozor do rexeitamento, e cuxa aceptación social nos fai calar e desistir. Coñezo mulleres que se bican con tíos só para que queden tranquilos e así sacalos un pouquiño de diante. Paréceme unha estratexia de efectividade efímera, pero moi lícita.
Ser choni é marabilloso, queridas amigas. Poucas cousas se comparan co gusto que dá un «Que miras!», un «coidado, que hoxe teño a man solta» ou un «quieto, pirola brava» a tempo. Ou, simplemente, o clásico corte de manga ou o «vai rañar a pirola» de toda a vida. Neste 2018, saca o teu lado choni. Ninguén o espera.
cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail