A folga dos traballadores do metal de Ourense logra subas de salario do 5%

O novo convenio colectivo contempla incrementos maiores en tres anos se a inflación segue á alza, cun tope do 18%.

A Coruña. A asemblea de traballadores do metal da provincia de Ourense aceptou por maioría na tarde deste martes o acordo ao que chegaron sindicatos e patronal con respecto ao novo convenio colectivo do sector.

O pacto, asinado con máis de 160 votos a favor e 14 en contra, pon fin á folga que desenvolvían os traballadores desde hai dezaseis días, unha protesta que paralizou a industria local e obrigou a suspender eventos como o Salón do Automóbil de Ourense, que debía celebrarse os pasados 14, 15 e 16 de outubro.

«Este resultado lanza unha mensaxe moi importante á patronal e a outros sectores e a outras provincias, no sentido de que demostra que aos traballadores ninguén vai regalarnos nada se non estamos dispostos a pelexar por iso», asegura Anxo Pérez Carballo, secretario provincial da Confederación Intersindical Galega (CIG), a central maioritaria en Galicia.

O sindicalista lembra que a postura inicial da patronal era que non se podían aceptar subidas salariais en tempos de «incerteza e inflación», cando as empresas, en cambio, si asumen as subidas dos seus custos de capital derivadas do incremento dos prezos da enerxía e das materias primas.

«Por que non aceptan iso tamén para o capital humano? A patronal di que as empresas non poden traballar a perdas, pero en realidade quen non podemos seguir traballando a perdas somos nós, os traballadores, que pola redución de poder adquisitivo derivada da inflación estamos a cobrar menos que fai dous e tres anos», sostén Pérez Carballo.

«A patronal ten un recado moi claro, e é que, desde a unidade sindical, somos capaces de mobilizar a este sector como non o faciamos desde hai tempo», conclúe.

«A patronal ten un recado moi claro, e é que, desde a unidade sindical, somos capaces de mobilizar a este sector como non o faciamos desde hai tempo», conclúe.

O pacto do metal en Ourense inclúe subidas de salarios do 5% este ano, do 5,5% o seguinte e do 4,5% en 2023. É dicir, que un traballador que estea a gañar hoxe 2.000 euros brutos mensuais acabará cobrando a finais de 2024 2.209,34 euros ao mes, o que representa un incremento do 10,47% en tres anos con respecto á súa nómina actual.

Tamén contempla que a subida de 2022 aplicarase con efecto retroactivos desde o pasado mes xaneiro, o que supoñerá que ese traballador que ten un soldo de 2.000 euros brutos mensuais cobrase 1.000 euros en atrasos. Unha maneira de paliar o que deixará de ingresar polos dezaseis días que estivo en folga -a lei española contempla que un traballado non cobre o salario polas xornadas en que permaneza en folga-.

A pretensión da patronal era que os atrasos se contabilizasen só desde xullo, pero a representación social logrou atrasar ese prazo a xaneiro a cambio de aceptar unha rebaixa nas súas pretensións de subida salarial, que para o 2022 eran en principio do 6,5%.

O acordo contén tamén unha cláusula que contempla que os aumentos pactados serán aínda maiores se a inflación segue crecendo, cun tope máximo do 18% ao final do período.

O novo convenio colectivo contempla tamén unha redución de oito horas na xornada anual de traballo este mesmo exercicio, ademais doutros dous días excepcionais para o segundo e o terceiro ano.

 

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail