Categoría: Temas

Proportion
Raimundo Viejo3 Xuño, 2026

MegaMadrid

Non é o vello franquismo, senón un necroliberalismo duro, sen careta, centralista, resimetrizador e partidario dunha concentración aínda máis forte e global. Fronte a isto, as dereitas catalá e vasca non teñen elección, e arriscan moito máis do que ata agora deixando caer a Sánchez.

Proportion
Antía Paz26 Maio, 2026

O cincuenta por cento

Marcha Àngels Barceló da Cadena Ser, a única voz de muller nesa banda horaria. Cando lles falen de que xa non son precisas políticas de paridade nos lugares de traballo, poñan a radio.

Proportion
Aníbal Malvar24 Maio, 2026

Ao PSOE morreulle a mitoloxía

Semella que o bipartidismo foi deseñado por un guionista mediocre de 'buddy films'. PSOE e PP aparentan diferenzas irreconciliables, poli bo e poli malo, pero os seus corazonciños latexan amores íntimos e compartidos que os obrigan á amizade. Ese amor silandeiro ten un nome en cifra arcana: Ibex-35.

Proportion
Aníbal Malvar7 Maio, 2026

Iván Redondo e Yolanda Díaz

Fálase moito dunha fronte de esquerdas para deter o fascismo. Un «motor» español, que diría Iván Redondo desde Madrid. Coma se os arrabaldos non puideramos motorizarnos sen as engranaxes madrileñas para combater o facismo e o madrileñismo.

Proportion
Luzes6 Maio, 2026

Sol Gallego-Díaz: «Que todo o mundo diga o mesmo e que un diga moitas burradas non é liberdade de prensa»

No número 141 de Luzes, publicabamos unha reportaxe, «Bulocracia Times», na que Miguel Mora entrevistaba, entre outros, a Soledad Gallego-Díaz. Reproducimos aquel texto aquí.

Proportion
Raimundo Viejo6 Maio, 2026

Andalucía, última estación

Na actual campaña electoral de Andalucía estanse a xogar moitas cousas, polo que é de esperar que a participación sexa elevada. Quen sabe se o vindeiro 17 de maio poderiamos estar ante unha reactivación política do que se perdeu polo camiño dende aquel 15-M.

Proportion
Mariló Candedo5 Maio, 2026

Neutralidade ideolóxica: eduquen na ignorancia fronte ao xenocidio

A Consellería de Educación denegoulle á Nova Escola Galega a homologación dun Encontro de Educadoras/es pola Paz por «incumprir o principio de neutralidade ideolóxica». Trátase dun novo chanzo na escalada polo control do que se move criticamente nas escolas.

Proportion
Luís Pardo21 Abril, 2026

Carlos Mella: «Galicia é unha nación que non ten confianza en si mesma e busca padriño político»

O economista, escritor e político (chegou a ser vicepresidente da Xunta) acaba de falecer aos 95 anos de idade. Velaquí a entrevista que realizou para Luzes no 2025.

Proportion
Luzes26 Marzo, 2026

Correntes do Atlántico: Río de Xaneiro, a caída de Chico Recarey, rei da noite carioca

Chico Recarey era en 1989 o indiscutíbel Rei da Noite de Río de Xaneiro. Hoxe, porén, pasa os seus días no último lugar onde un espera. O seu relato, o de tódolos seus compañeiros no lobby galego que dominou o ocio en Río, mostra que, quizais, non fomos tan  bos como nos adoitamos contar a nós mesmos.

Proportion
Luzes19 Marzo, 2026

Correntes do Atlántico: São Paulo, todas as derrotas de Pepe Velo

Pepe Velo chegou triunfante a Brasil en febreiro de 1961. Nese ano, Velo embarcara nunha misión: tomar co DRIL o transatlántico Santa María. O plan non saíu ben. E pese a ilusión da chegada á súa nova casa, a partir de 1961, en São Paulo, para Velo só agardaba a enfermidade, a morte e o esquecemento.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail