Taylor, Trump e a oxitocina

—Imaxina que titulan o seguinte: «Taylor Swift oponse a Trump»

Dame igual que o escriban. Dígovos que isto é algo que eu sei que está ben. Quero estar no lado bo da historia. Vota en contra dun salario xusto para as mulleres, contra a Lei da Violencia contra as Mulleres, que nos protexe da violencia doméstica e o acoso, e pensa que se eres unha parella gay, ou se o pareces, está ben que te boten dun restaurante. Isto vai de dereitos humanos básicos. Necesito facelo.

Así planta cara Taylor Swift aos seus representantes no documental Miss Americana (Netflix, 2020) cando lles comunica que se posicionará a favor do partido demócrata nos midterms de novembro de 2018 para intentar frear a candidata republicana Marsha Blackburn no estado de Tennesse. Para facelo, colabora nunha campaña con Antoni Porowski, Tan France, Karamo Brown, Bobby Berk e Jonathan Van Ness, cinco tipos fabulosos que axudan a americanos cuarentóns a cambiar a súa vida por dentro e por fóra no reality Queer Eye. Un concepto que cumpre cos preceptos netflixianos de visibilizar a todas as persoas tal e como somos e a demostrar o efecto catalizador que pode ter deixarnos axudar e mimar por outras persoas.

A humanidade dunhas apoiando a outras. Quizais iso sexa parte do éxito da ficción actual: precisamos humanidade cando o discurso do individualismo impera. A empatía que nos salva de converternos en trumpistas.

Unha das respostas biolóxicas ao estrés é a liberación de oxitocina. Cando estamos agobiadas ou temos medo, o noso corpo quere que activemos as nosas funcións sociais e busquemos o apoio e contacto doutras persoas. A oxitocina empúrranos a ser máis sociables, pero tamén axuda ao noso corazón a recuperarse do dano producido polo estrés. Unha máquina lista para autorregularse que precisa dun elemento fundamental para seguir adiante: o contacto humano.

Foto: Evan Vucci/AP/Shutterstock.
Trump, Washington, 2 de outubro de 2019.

A chegada de Trump ao poder hai tres anos estableceu o ton do confrontamento e a hostalidade como a nova normalidade na sociedade global que habitamos, onde é posible gañar argumentos a base de mentiras ou voltar a épocas retrogradas sen ruborizarse.

A oxitocina é a nosa ferramenta natural contra o estrés, o medo, o desacougo, Trump e a sociedade de señoros que creen que estamos de novo en 1939. Para activala, escollamos estar no bo lado da historia, empaticemos, abracémonos e saiamos ás rúas xuntas. A pequena ou grande escala, women support women.

A bioloxía do estrés e a oxitocina é de Kelly McGonigal.

*Imaxe de apertura: The Daily Beast/Getty

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail