Etiqueta: Trump

Proportion
Mara Mahía7 Xaneiro, 2026

O emperador de Groenlandia

Oxalá que co que aconteceu en Venezuela espertemos dunha vez: co fascismo non hai diálogo. Cústame escribilo, pero o fascismo é guerra. Din que ao fascismo se lle gaña nas urnas, e tamén con educación, xustiza e igualdade. Pero cando un fascismo imperialista xa está gobernando, que se fai? Resistir. E a resistencia é loita.

Proportion
Mariña Losada (IG: @miss_nowhere_girl)5 Setembro, 2025

O discurso do odio

VOX estase aferrando á mesma narrativa de Trump, a chamada Teoría da Gran Substitución. Os partidos de extrema dereita, os fascistas de teclado e os racistas de bar levan anos subscribíndose a ela.

Proportion
Mariña Losada (IG: @miss_nowhere_girl)24 Xullo, 2025

Os escándalos de Schrödinger

Trump pasou de dicir que en calquera momento farían públicos os documentos da morte de Epstein a mandar mensaxes contraditorias. Os documentos non existen. Os documentos tenos Pam Bondi, a Fiscal Xeral dos Estados Unidos. Non imos publicalos porque non existen. Escribiunos Biden. Pero non existen. Non, espera, foi Clinton, Non, non, xúrovos que os escribiu Obama. Pero non son reais. Seguides falando disto?

Proportion
Raimundo Viejo25 Xuño, 2025

A esquerda extática

A esquerda vive abraiada mentres non para de recibir os golpes de Trump. Tal e como van as cousas, a esquerda, e sobre todo a «esquerda máis á esquerda», é xa un suxeito en vías de extinción. Por máis que tenta actualizar o seu ideario, o certo é que vai aumentando distancia coa realidade; coa axenda da nova ultradereita.

Proportion
Raimundo Viejo12 Xuño, 2025

Trump e a multitude

Que solución vai ter para o futuro o actual goberno dos Estados Unidos? A de Trump é unha carreira sen saída democrática. Só pode ter un destino: algunha modalidade de goberno autoritario froito da degradación democrática.

Proportion
Mariña Losada (IG: @miss_nowhere_girl)7 Maio, 2025

A terceira lei de Newton

«Pero como pode ser isto?», pregúntase o noso líder de extrema dereita, encendendo as candeas do altar. «Señor Trump, como é posible que as súas políticas internacionais coas que está colapsando a economía lles custen votos aos partidos que se poñen do seu lado?»

Proportion
Mariña Losada (IG: @miss_nowhere_girl)24 Abril, 2025

A parábola do Papa e o vicepresidente

Se ben non era perfecto e o progreso foi lento e en ocasións insuficiente, non hai dúbida de que a súa filosofía era a da paz, a tolerancia, e a defensa dos máis vulnerables. Por iso é bastante simbólico que falecera apenas doce horas despois da súa reunión con JD Vance, representante dun goberno desapiadado.

Proportion
Mariña Losada (IG: @miss_nowhere_girl)11 Abril, 2025

Carapuchiña e o lobo

Trump decidiu centrarse nun único inimigo ao decatarse de que o mundo non vai quedar sentado mentres lles crava os aranceis? Ou era este o seu obxectivo desde o principio? Empezar cunha proposta excesiva para que todos respiremos tranquilos cando recúa e revela o que, por comparación, é un plan menos extremo.

Proportion
Raimundo Viejo7 Abril, 2025

Unha mala viaxe chamada Trump

Levamos a Trump incrustado nos miolos. É o Big Brother Trump. De pouco serve loitar contra este hexemón alucinado desde unha posición de denuncia exterior e frontal. Criticalo por inxusto é sinalárselle coma vítima propiciatoria. E, porén, desde hai unhas semanas, unha resistencia interior medra nos EE.UU.

Proportion
Raimundo Viejo24 Marzo, 2025

Política e psiquedelia

Estamos asistindo a unha estruturación autocrática dos usos farmacolóxicos: terapia psiquedélica para os megarricos, benzodiacepinas para as deprimidas clases medias en vías de extinción e fentanilo para o exterminio dos pobres. Unha lexislatura enteira con Trump na Casa Branca pode dar moitas sorpresas.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail