Cultura a todas luzes

CTL 37: Sara Sanz

A actriz coruñesa Sara Sanz estivo nos últimos anos en series como 'Fariña', 'La Unidad', 'O Sabor das Margaridas', 'A Lei de Santos' e outras. Charlamos con ela sobre o seus procesos de traballos, os comezos no teatro, a estabilidade da profesión… e moito máis.

CTL 36: Jose Turvegal

Esta semana temos con nós ao creador do famoso “sachoselfie”. Difusor da cultura verde galega. Di que vai por Galicia amosando “Agroglamour”. Falamos disto e moito máis!

40 Aniversario do CDG: Tamara Canosa e Xacio Baño

Entrevista exclusiva coa directora e o dramaturgo de “Os actos e as profecías” o espectáculo central do 40 aniversario do CDG, que estrean o 11 de abril. 20 intérpretes en escena, un equipazo excelente para celebrar o aniversario do noso Centro Dramático.

40 aniversario do CDG: Fran Núñez e Roberto Casal

Dous convidados por separado: Fran Nuñez, e Roberto Casal, aínda que unidos polos proxectos do 40 aniversario do Centro Dramático Galego. O primeiro dos dous programas que lle adicaremos a esta data.

CTL 33: Sentinelas da lúa carmesí

Con este programa queremos celebrar o pasado Día Mundial do Cómic (17 de Marzo). Temos con nós aos creadores dunha historia fascinante enfocada a público adolescente

CTL 32: Bruno Arias

O cineasta vigués, nominado nos últimos Mestre Mateo polo documental “Os espazos en branco”, cóntanos da experiencia de falar da súa tía Xela Arias.

CTL 31: Sara Vila e Tensi Gesteira

Esta semana temos con nós á escritora Sara Vila e á creadora de contido Tensi Gesteira (@lecturafilia ). Aproveitamos este encontro para charlar sobre o libro de Sara “Oito días sen Eva Cortes”. E, xa de paso, moitas outras cousas máis. Iso si, moita literatura e xornalismo.

CTL 30: Ollar, con David Hernández de Adarme Visual

David e Alex Penabade fundaron en 2007 Adarme Visual en Vigo. Falamos con el de “Ollar, Escolma de Fotografía Galega Contemporánea”. Son unha serie de documentais monográficos con fotógrafos galegos.

CTL 29: Gala Dacosta

«Son unha xornalista con inquedanzas, motivación e vea creativa. Na miña experiencia procuro observar, decodificar e comunicar o que acontece ao meu redor prestando atención á boa escrita e á veracidade»

CTL 28: Academia do Teatro Galego

Membros da Academia do Teatro falannos de dous proxectos: o Observatorio do Teatro Galego, un espazo académico para a documentación e a investigación e unha base de datos online, rptg.gal, para recuperar o patrimonio teatral de Galiza entre 1936 e 1973.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail