Cultura a todas luzes

CTL MIT 2025 (II): Is, Brey, Godón

Seguimos coa nosa visita a Ribadavia para participar do encontro de escritores/as gañadores/as do Premio Abrente de textos teatrais, histórico na nosa cultura. Tivemos dúas conversas. Na segunda, estiveron con nós Ernesto Is, Nerea Brey e Fran Godón. Para saber do que falamos, pasade a descubrilo! Foi un pracer.

CTL MIT 2025 (I): Carrodeguas, Pérez, Vidal

Voltamos a Ribadavia! Neste caso para participar do encontro de escritores/as gañadores/as do Premio Abrente de textos teatrais, histórico na nosa cultura. Tivemos dúas conversas. Na primeira, estiveron con nós Esther Carrodeguas, Avelina Pérez e Roi Vidal. Para saber do que falamos, pasade a descubrilo! Foi un pracer.

CTL Cans 2025(II): Fefi e Ángel

Seguimos cos recordos de Cans! Estivemos charlando con dous referentes do festival, que este ano filmaron un documental baixo a dirección de Juanma Lodo. Cóntannos sobre a experiencia e moitas cousas máis!

CTL Cans 2025(I): Senlle, Costafreda e Fazáns

Tremendo debate montamos no Torreiro de Cans! Charlamos con estas referentes da cultura, sobre o propio festival e diferentes temas do noso contexto actual. Uxía recibiu un dos premios de honra do ano, e Claudia e Anxos foron xurado este ano. Un pracer telas con nós!

Cultura a todas luzes. Un podcast presentado por Lois Blanco. Letras galegas 2025 con Mario G. Cortizo

CTL 66 Mario G. Cortizo

Falamos con Mario para celebrar as nosas letras. Compuxo As Marxes para banda sinfónica, un percorrido sonoro pola Galicia de Dorothé Schubarth a través dos seus arquivos.

Gala Cultura Deputación da Coruña

Seguimos coa pausa do programa, mais facemos unha excepción para este evento fantástico. Un punto de encontro de diferentes manifestacións artísticas galegas. Tivemos a sorte e o pracer de charlar coas premiadas e os premiados do Departamento de Cultura da Diputación da Coruña. A gala foi levada por Susana Pedreira…

CTL 64 Lidia Cao

Lidia Cao nunca asistíu a clases particulares e considérase maiormente autodidacta. Foi en 2016 cando o muralismo bate no seu camiño gracias a obradoiros de iniciación a partir dos cales empeza a explorar novos mundos.

CTL 63 Brenda Mondelo

Brenda Mondelo (O Seixo, Pedrafita do Cebreiro, 1994) deuse a coñecer en 2022 coa publicación de O espello de Celia, un libro que lle valeu o Premio Xoán Díaz e no que conversaba cunha das últimas habitantes da súa aldea natal, falecida no 2017.

CTL 62 Nerea Cordeiro

Nerea Cordeiro defínese como unha artista multidisciplinar, que adoita traballar coa instalación e coa intervención. Nestes momentos está a realizar unha investigación baseada nas prácticas artísticas.

CTL 61. De Ninghures

De Ninghures é unha banda do novo folk galego que nace das inquedanzas de xente nova de diferentes puntos da nosa xeografía. Partindo da tradición galega, presentan un repertorio con claras influencias de músicas doutros pobos da Península Ibérica, América Latina ou o Magreb. Sete mozas e mozos que se…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail