Cultura a todas luzes
CTL 60 Fernando Ramallo
Fernando Ramallo foi membro do Comité de Expertos da Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias do Consello de Europa e director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. O Iibro "Que pasa co galego?" responde a trinta e dúas preguntas sobre a situación social da lingua…
CTL 59: Iria Aldegunde
Iria Aldegunde publicou con Galaxia a adaptación á banda deseñada como autora completa (facendo ela tanto texto como os debuxos e cor) da novela clásica da literatura galega Memorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas.
CTL58: Brais Lorenzo & Claudia Morán & Miguel Riaño
Habitar o baleiro é un proxecto xornalístico multiplataforma con vocación de longo percorrido que nace para documentar a vida no rural de Galicia. Son as historias do rural que merecen ser contadas. Para que o natural viva. Para que a memoria permaneza.
CTL 57 Lúa Mosquetera
Activista da palabra armada e creadora do reguetón feminista, entre outras moitas cousas, Lúa Mosquetera é unha poeta miñona afeita a facer dos seus recitais en directo a escusa ideal para que o seu verbo se volva salvaxe e perigoso. Desa necesidade natural de expresarse xorde un cuadrilátero poético sen…
CTL 56: Sabela Eiriz
Como artista multidisciplinar, traballa fundamentalmente coa fotografía, a escritura e o vídeo. A súa linguaxe baséase na poética, nas posibilidades expresivas das imaxes e na hibridación de formas e formatos. Por outra banda, a súa experiencia e formación no cine e as artes escénicas aportan unha dimensión corporal e sonora…
CTL 55: Paula Pier
Paula é actriz. Naceu na Coruña. Na súa traxectoria xa van unha chea de espectáculos e aparicións en audiovisual. Falamos con ela do seu «Eu, Fraude!», un espectáculo que fala da posibilidade de agarrarse forte á vida e de gritarlle ao mundo coa voz do noso propio ser. Di ela:…
CTL 54: Violeta Meléndrez Doval
“Bookstagrammer”, na súa conta @littera_lupa. Comenta que a súa vida é ler, e acompaña as súas lecturas na difusión con flores. Coñecemos un pouco máis a esta inqueda, que comenta que a través da difusión pode recrearse, e así coñecer xente con gustos parecidos.
CTL 53: Festival Intersección: Gonzalo E. Veloso e Andrea Franco
Festival Internacional de Cine da Coruña aposta polas correntes máis libres do cinema de autor. Están con nós o seu director, Gonzalo E. Veloso; e a programadora, Andrea Franco.
CTL 52: Luis Avilés
Luis Avilés foi realizador de programas de TV como Criaturas e Casamos de TVG, ambos líderes de audiencia nas suas respectivas franxas. Director de diversas curtametraxes premiadas. Realizador xunto a César Souto do documental Os días afogados gañador do Mestre Mateo 2016 ó mellor documental.
CTL 51: The Rapants
Son unha banda de indie e garage formada en Muros no ano 2018. Nada baixo a influencia do grupo Terbutalina, a súa andaina iníciase da man de Xanma e Samuel (Rapante), ambos guitarristas da vila aos que non tardaría en sumarse Matías ao baixo e sintetizadores. Están con nós Xanma…












