Malva e Duarte falan de misterios

As Peores Persoas do Mundo (Duarte’s Version)

Malva e Duarte traen un especial sobre cales son na súa opinión as peores persoas da historia. Nesta primeira parte, Duarte narra a violenta vida dunha celebridade cara as mulleres do seu círculo e a súa propia familia, feitos que non adoitan a nomearse cando se fala da sua obra.

S03E25 – Infidelidades e grupos de amigos

As tanxentes desta semana acabaron sendo bastante máis temáticas (e intimas) do que pensabamos cando comezamos a gravar. Falamos das implicacións das infidelidades entre parellas e como é romper co teu grupo de amigos, con Ariana Grande como fío conector.

S03E24 – Misterios de Boiro con Olaxonmario

Esta semana, Malva, Duarte e Mestre Mateo nominated Youtuber Olaxonmario exploran os misterios máis emblemáticos da ilustre vila de Boiro, a Santa Compaña e Kate Middleton.

Boicots, educación sexual e pornografía.

Esta semana, Malva e Duarte volven co seu xa habitual popurrí de tanxentes. Falamos de Linkedin, da fama das redes e, en especial, do boicot a Eurovisión, de como foron as nosas charlas de educación sexual e do dano que fai a pornografía na mocidade.

O pánico satánico

Esta semana Malva cumple a súa promesa e fálanos dun fenómeno moi misterioso: o Pánico Satánico da década dos 80. Por que comezou? Cales son os seus antecedentes históricos? Como está relacionado co boom das sectas? Todo isto e máis neste capítulo de Malva e Duarte falan de misterios.

Super Bowl, altura e apps de citas

Esta semana Malva e Duarte falan de pequenos terrorismos que se poden cometer en festas universitarias, o Súper Bowl e os altos e os baixos das aplicacións de citas. Podedes doar a Gofundmes para axudar a xente a evacuar de Gaza

Os nenos verdes de Woolpit

Regresamos do entroido con novo misterio! Desta vez, retrocedemos nove séculos para contar a historia de dous irmáns de Woolpit, unha pequena vila inglesa, e o día que apareceron en estranas circunstancias… ca pel de cor verde!

S03E19 – Homofobia, Gordofobia e os Oscars

Esta semana as tanxentes son unha mestura de temas. Comezamos falando un chisco sobre os prexuizos asociados aos códigos de vestimenta, a orientación sexual e a gordofobia, para rematar ca nosa opinión sobre as (non) nominacións de Greta Gerwig e Margot Robbie nos Oscars.

Quen matou todas esas vacas en Kansas?

Esta semana Malva nárralle a Duarte un episodio no que especulan quen estivo detrás das mutilacións de gando nos 70 en Kansas, Colorado, Nebraska e todos eses estados nos EEUU aos que sempre van os aliens.

S03E17 – Letterboxd Awards 2024

Esta semana presentámosvos o Malva e Duarte Awards, nos que miramos a todas as películas que temos en común en Letterboxd e entregamos premios tan importantes como: Performance Que Serviu Máis Cona Award, Como Acabei Vendo Esta Peli Award ou Premio Edgar Wright a Director Que Debería Parar de Escribir…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail