Malva e Duarte falan de misterios
Emerald Fennell, inimiga do podcast
Neste episodio Malva e Duarte falan sobre cousas que odian, en particular, unha das grandes inimigas do podcast: a directora de cine inglesa Emerald Fennell, culpable de crimes contra a humanidade tales coma Saltburn ou Wuthering Heights.
O ithkuil, a lingua ‘perfecta’
Esta semana Malva e Duarte tráennos a historia de John Quijada, un home estadounidense que, disposto a corrixir os erros das linguas modernas, crea o ithkuil, sen saber as escuras consecuencias que isto implicaría. A maior de todas elas? O mal rato que pasa Malva escoitando a súa historia.
O yaoi, o omegaverso e os Bridgerton
As tanxentes de Malva e Duarte son como caixas sorpresa: non sabes que van conter ata que decides abrilas. E pensamos que, acompañados de novo neste episodio por Sara Riveiro, elevaron esta semana o concepto á enésima potencia.
Sara Riveiro fala de L. Ron Hubbart
Esta semana volve, como prometera, unha das mellores amigas do podcast, para falarnos dunha das súas grandes obsesións: o gran vilán da historia L. Ron Hubbart. Se non sabes quen é espera a que cho conte ela. E se sabes xa quen é únete ao episodio mellor explicado da nosa…
Malva e Duarte recomendan cousas
Neste episodio, Malva e Duarte recomendan cousas: vídeos de youtube, álbumes, pelis e máis. Podedes ver o listado completo das recomendacións mencionadas no episodio aquí.
As mulleres dos pomelos
Neste episodio no que ambas partes andaban nun silly mood, Malva fálalle q Duarte sobre as mulleres que en 1984 se manifestaron contra o apartheid en Sudáfrica desde Irlanda. Falamos de boycotts, Eurovisión e a adicción ao comfort.
TDAH e ligar
Volvemos unha semana máis ás tanxentes e a conversa vai tornando aos poucos na que terías no salón ás 5 da mañá co teu colega despois de vir de festa (ou, polo menos, máis do que acostumamos). Saltamos entre musicais, series, o déficit de atención, a xestión do desexo e…
O Batallón Sagrado de Tebas con aleixosf
Esta semana, por segunda vez consecutiva, contamos cun convidado: o tiktoker, filántropo, playboy e líder do G.A.I.S., Aleixo, que se pasou polo podcast para falarnos do poder do amor, tomando como fío condutor a historia do Batallón Sagrado de Tebas.
Heated Rivalry e a ética do queerbaiting con ant0ntisim0
Esta semana, dámoslle a benvida a Antón, o primeiro convidado da tempada, para falar da nova obsesión de Malva e Duarte: Heated Rivalry, e os debates que rodean esta nova serie canadiense. Que é o queerbaiting? Pódese facer queerbaiting como individuo? Por que esta serie atrae a tantas mulleres como…
Temos que acabar co Marcosllorentismo
Neste novo episodio, acuñamos o termo marcosllorentismo para englobar a todos os fans das teorías da conspiración e da obsesión polos hábitos “saudables” de rigor máis que dubidoso, centrando todo na figura do xogador do Atlético de Madrid e irmán de aniversario de Malva, Marcos Llorente.



