As notas de viaxe de Lois Pereiro

Este 24 de maio cumpriránse 25 anos da morte de Lois Pereiro. Nese cuarto de século, a súa vida e a súa obra seguiu sendo como o incendio nunha turbeira, un volcán aceso dentro de moitas mentes, que de cando en vez sae á luz e mostra a súa incandescencia interior. Arredor desta efeméride, como no seu momento co Día das Letras Galegas, o loisismo organízase. O Ateneo Casino da súa cidade natal, Monforte, está a desenvolver desde o 16 de febreiro, data do seu nacemento en 1958, unha serie de actos e unha campaña en redes, co cancelo #LP25anos.

Tamén unha editorial de xinea monfortina, Chan de Pólvora, vén de editar Cadernos persoais, as notas que Lois tomou en cinco pequenas libretas entre 1989 e 1993, nas viaxes que fixo por diversos países de Europa. Tamén se engaden as anotacións que realizou nunha axenda que lle regalara Isabel Romero, muller de seu irmán Xosé Manuel, entre os meses de xaneiro e abril de 1996, os derradeiros da súa vida.

«Trátase, polo tanto, dun texto de contido dispar, no que o lector pode encontr desde a mera anotación a xeito de diario íntimo ou axenda persoal ata bosquexos de poemas (ou incluso poemas completos), ideas para relatos, aforismos, citas literarias e musicais, pensamentos breves ou reflexións máis longas, vivencias e anécdotas das viaxes, sentenzas non exentas de enxeño e humor…» di Héctor Cajaraville, responsable da edición e das notas.
«Esta diversidade creativa está tamén presente nos idiomas empregados para as anotacións. Ademais do galego (maioritario nos cadernos e único na axenda), o autor incorpora fragmentos en castelán, francés, inglés e alemán, tanto na reprodución de
citas como en textos de creación propia (cómpre lembrar aquí a vertente do Lois Pereiro políglota, que mesmo se converteu no seu medio de vida en diferentes períodos da súa curta vida).
«O punto en común nesta heteroxeneidade de xéneros, códigos e soportes atopámolo no verniz de liberdade creativa, de descarnada e transgresora franqueza (“As horas pasarán. O tempo é o meu único deus agora: un monólogo eterno, eu e o meu inferno
mental”) que cobre cada unha das anotacións, así como na presenza de elementos constantes na súa obra poética e de narrativa. Deste xeito, son temas recorrentes a curiosidade que o rodea (sobre todo polas persoas, e especialmente polos excluídos, marxinados ou inadaptados), o inconformismo co sistema establecido ou a doutrina imperante, o recurso ao amor como modo de enfrontarse ao(s) medos(s); e, por riba de todos, o axexo continuo da morte, a súa consciencia de finitude («Pero eu son L. Pereiro, o próximo cadavre”), o que non impide unha paixón extrema pola vida, que se manifesta na súa loita contra a enfermidade, contra o «fatum» que o autor acepta ás veces de modo máis natural que os que o rodean: Os meus amigos vellos, os meus vellos amigos, compañeiros de aventura, ainda seguen perplexos pola miña circunstancia) e que non consegue despoxalo de vitalismo, alento e vigor: “LUCHA MAMÓN. Quieres luchar? Prepárate para la guerra”.

O libro está completado por dúas «contornas». A de Fernando Saco, amigo seu desde a adolescencia e desde a súa estadía en Madrid, que o acompañou nas maioría das viaxes, e fai un relato pormenorizado das circunstancias nas se produciron. «Nunca comprabamos as guías do trotamundos, célebres naquela época. Como xa fixeramos noutras ocasións, ao chegar a un sitio, Luís xa tiña unha idea do que quería visitar e o resto consistía en patear durante horas desfrutando das descubertas, con paradas intermedias para tomar unhas cervexas e coller folgos», describe Saco o modus operandi das viaxes.

A outra «contorna» é de Inés Pereiro, a irmá de Lois. «Os seus ollos eran como unha cámara que rexistraba todo o que pasaba ao seu redor. O que sabía da historia e da cultura dos sitios por onde pasabamos e o que lle suxería a realidade que tiñamos diante era unha combinación irresistible de coñecemento e humor.
Madrugabamos, gustáballe ver o espertar das cidades, os traballadores almorzando canda nós, os olores dos mercados… Era máis de terraza que de museo, de observar a xente e imaxinar vidas. De somerxerse na vida», lembra Inés, que fixo co autor as últimas viaxes da súa vida.

Ofrecémoslle unha breve incursión por eses cinco cadernos.

Caderno 1. Viaxe a Francia, Bélxica e Alemaña (setembro de 1989)

Capa Caderno 1

[12-9-89]
21:06
Maintenant, c’est fini.
Le voyage est là haut.
Ó chegar a Irún vin desde a fiestra a esa rapaza que vai por Monforte, e ás veces agarda o que tódolos demais (Waiting for the man). Fixen que non a vía, e desapareceu…

[13-9-89]
9:45 Sen falar
11:30 Sans parler…
Sans rien dire, vers Bordeaux.
17:00 Sin hablar.
¿Y ésta es la cara que veo yo de «La France», un té en el salón de Arquímedes?

[14-9-89]
En París. Saliendo por la puerta de la Gare du Nord,5 y viendo la ventana desde la que Godard rodaba «El detective».
Agora sei que é xoves.
A vida empeza a ferver.

[15-9-89]
7:58
A choiva cae en París, softly «upon all the living and upon all the dead».
10:40
Unchain my heart!
15:20
Teño diante miña a unha Kim Basinger flamenca.
Non quixera ser ela, nin o que a fai rir.
17:25
En Bruxelas, leda coma a cervexa, bebo nunha sala chea de vellos xogando ao billar.
Bélxica dáme forza, por riba dos tremores.
21:35
A Liège je vais vivre et parler aux autres.
P.D.: «L’enfer c’est moi».

[16-9-89]
01:00
Ah, la bière jupiler!
Mais, c’est tout…
03:30
No tren, deitado, empezo a cantar «Ne me quitte pas»1 (¿J. Brel era francés ou belga?)
11:05
En Bremen, cidade libre, tamén falando, ou eu estou tolo e non sei alemán.
11:45
A esta hora todo Bremen está trompa, eu entre eles.
Diante miña un hanseático come unha anguía do Mar do Norde. ([…])
12:03
Sábado. Qué caras as que temos todos neste bar. Vexo a miña coma unha máscara. Voume a Hamburgo.
«Revisiting […] arredor de si por ver se se producía algo,
unha posibilidade». (E xa van…)
19:35
En Alemaña hai no ar a violencia da revolta interior do
seu espírito.
20:12
Por diante do bar pasan 30 policías con outros tantos punkies collidos polo brazo.

Caderno 2. Francia (1990)

Caderno 2 CAPA

 

[8-4-90]
23:00
Burp!
(La Rochelle)

[12-4-90]
22:20
L’enfer sont les autres
«Cuando tú te vas
cuando tú te vas
te llevas mi sangre
corriendo detrás»
Ich liebe dich
soweit das möglich ist

Viaxe 15-25 Sept.
Strasbourg
12:45
L’enfer c’est seule á moi. Mais je l’es aime dans tous ces paradis à deux mignones qui viennent avec moi.
Je t’aime sans toi.

[22-9-90]
A dous mil quilómetros de ti, saber que xa non te verei máis. ¿Quén é o soño, ti ou eu, chérie?
Un bico ao outro mundo, Reme.
Non!!!
… E agora qué? Recitar o monólogo de Hamlet para «Morrer, durmir, tal vez soñar (velaí a cuestión…)», porque, qué nos detén de poñer fin a esta vida…
¡¡Vive!!
«… Le vent se lève, il faut tenter de vivre».
P.Valéry

Para sempre, ma vie.

[23-9-90]
Penser maintenant en toi R…:
«Leche negra del alba
la bebemos de noche,
la bebemos de día,
la bebemos, bebemos,
bebemos…».
P. Celan

 

Caderno 3. Viaxe a Francia (cont.)

Capa do Caderno 3

París
[21-8-91]
02:09
No Beever Road, soa a música dos Blues Brothers, Aretha Franklin en «The needle and the damage done», de Neil Young.

París
[22-8-91]
Pas de «Deux Magots». C’est moi même qui se déclare en guerre contre lui(s).
23:45
On the «Road Beer».
«Unchain my heart»
dunha puta vez!!

 

Caderno 4. Alemaña (abril 1992)

Folla do Caderno 4

 

Caderno 5. Viaxe a Francia (abril de 1993)

Folla do Caderno 5

Les Clefmatics; sonido balcánico, soño balsámico augaforte dinámico.

[4-4-93]
Je irais á Bordeaux,
d’autre manière.
Mais c’est la même
chose à la fin.
Toujours la même.
Partout la misère.

[5-4-93]
Je ne croyais pas
être á Poitiers autre
foix sans savoir si
vivre ou mourir.

14:30
Knock, knock, knocking on heaven’s door.
yeahhh!
Je t’aime toujours.

[6-4-93]
01:30
Á le bar du billard, je ne joue pas.
Quelle mensonge!

 

AXENDA PARA ISABEL (Para Isabel: ela, a que exerce na luz)

Dedicatoria da Axenda

Dietario 1996, que estou a escribir para Isabel. É herdanza súa e soio súa: unha promesa mínima que merece dabondo.
(Esperemos que as follas abonden para outro ano.)

Lois Pereiro | Nadal 1995 | Monforte

DATOS PERSONALES

Nombre: Lois S. Pereiro
Domicilio: R/ Costa Rica, XX B
Población: A Coruña
Teléfono: [Teléfono]
Doc. Nac. de Iden. Nº: 34.248.884
Grupo sanguíneo: O+ (con dificultades)
Afecciones que padezco: tantas coma min mesmo
Médico de cabecera: D. Pedreira Andrade. X. Canalejo.
Htal. de día.
Ruego avisen a: ninguén (de quitado a min mesmo).

PLANNING 1996
2 de xaneiro: (Saída do libro «Poemas 92-95»).
5 de xaneiro: Entrevista RTVG. (Ana Romaní).
21 de xaneiro: Sta Inés.
16 de febreiro: Happy birthday!121
21 de febreiro: (Happy b. Pat?)122

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail