O noso nome

O 25 de novembro é o día contra as violencias machistas. Eu para este día non vou falar do medo, que diso xa falei este verán. Eu para este día vou falar de vós.

Todas sabemos xa que ese día as nosas redes se encherán de contido publicado por homes. Homes que levaredes camisetas con mensaxes, homes que iredes ás concentracións que se farán nas vosas vilas, homes que explicaredes a quen queira escoitar que a violencia contra as mulleres é unha lacra, que vós sodes aliades, que nos queredes libres, felices e vivas, que non somos vosas, senón nosas, e demais. O de cada ano.

A tal altura penso que entendedes que pegarnos, ameazarnos ou violarnos é un delito. Como non ides ser feministas vós, que votades á esquerda, que tedes nai e algúns mesmo irmás e fillas? Pero unha cousa que aínda non entendedes, escoitándovos, é a cantidade de violencia que exercedes contra nós cando falades. E non me refiro aos mal entendidos «piropos», senón á violencia de facernos existir única e exclusivamente a través de vós.

Como non ides ser feministas vós, que votades á esquerda, que tedes nai e algúns mesmo irmás e fillas? Pero unha cousa que aínda non entendedes, escoitándovos, é a cantidade de violencia que exercedes contra nós cando falades. E non me refiro aos mal entendidos «piropos», senón á violencia de facernos existir única e exclusivamente a través de vós

Na vida real todas temos un nome e apelidos. Un nome que figura nalgúns casos no DI e noutros non. Un nome escollido por algún familiar ao nacer ou por nós mesmas xa de adultas. Un nome que nos identifica como persoas únicas e polo que deberiamos ser recoñecidas, pero non por vós. Vós decidides, cando nos mencionades, que quen nos debe dar nome é un home. A ser posible, o máis recoñecido do noso círculo. Non o noso nome propio.

Vós decidides que o que nos ubica no mundo a todas nós é, incuestionablemente, un señor. Por este motivo somos sempre a filla de, a compañeira de, a «ex» de, coa que seica fodeu ese e coa que o fai aquel. E así, ao longo da nosa vida somos definidas por quen puxo o esperma, por quen se deitou con nós antes, por quen o fai agora ou por quen dixo que o fixo e nin sequera.

Vós decidides que o que nos ubica no mundo a todas nós é, incuestionablemente, un señor. Por este motivo somos sempre a filla de, a compañeira de, a «ex» de, coa que seica fodeu ese e coa que o fai aquel

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Helena Sotoca (@femme.sapiens)

Nós, alleas (ou non!) a este sambenito, seguimos coas nosas vidas e continuamos traballando, saíndo, participando en espazos máis ou menos públicos, tendo visibilidade social e política, creando e mesmo destacando, ata que chega un día no que pisamos un callo e alguén decide volvernos lembrar que nós non somos nós, senón a etiqueta que un home decidiu poñernos un día e con ese recordatorio tentar que deamos un paso atrás, que collamos medo, que sintamos vergoña, que deixemos de facer o que estamos a facer.

Todo o demais pouco importa: dá igual o tempo que pasase dende esa etiqueta que se che puxo. Dá igual o que supoña para ti, se che doe ou non. Dá igual se ti queres esquecer. Dá igual o que medraras, física e psicoloxicamente, dende aquel momento. Pouco importa. O que importa é que un día pertenciches a un home, do xeito que sexa, e iso será o que te marque.

Chega un día no que pisamos un callo e alguén decide volvernos lembrar que nós non somos nós, senón a etiqueta que un home decidiu poñernos un día e con ese recordatorio tentar que deamos un paso atrás, que collamos medo, que sintamos vergoña, que deixemos de facer o que estamos a facer.

E nós, que somos teimudas, empeñámonos en ter nome. En contar a nosa historia. Esa que xa existía antes de aparecer vós nas nosas vidas e que continúa tralo voso paso. Porque somos mulleres que viven, traballan, foden, bailan, militan e existen a pesar das vosas etiquetas.

E deste xeito, deixamos de ser vosas para ser só nosas.

Para ser algo máis que as vosas parellas, exparellas, obxecto de crítica ou desexo.

Para ser nós, para seguir aquí, mesmo a pesar de vós.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail