Categoría: Failume

Proportion
Antía Paz25 Novembro, 2022

O noso nome

Unha cousa que aínda non entendedes, escoitándovos, é a cantidade de violencia que exercedes contra nós cando falades. E non me refiro aos mal entendidos «piropos», senón á violencia de facernos existir única e exclusivamente a través de vós.

Proportion
Antía Paz26 Outubro, 2022

Non perder a esperanza

Cando penso nela, vénseme inevitablemente un triste xogo de palabras. Penso en perder a Esperanza, como se perdeu ela, coma unha idea palpable, como unha dor moi concreta. Coma un sopapo da realidade impoñéndose sobre o que desexarías que non acontecese.

Proportion
Antía Paz30 Setembro, 2022

Fratelli Fascisti

Chamémoslle fascismo. Perdamos o medo a sinalalo como o que é porque suavizar a realidade, reinterpretala, retorcela ata que asuste menos, non vai evitar que aconteza.

Proportion
Antía Paz9 Setembro, 2022

Ascensión

A Ascensión que eu coñecín morreu en Tirán no 1987 sen ter recuperado ao seu marido, fondeado na ría de Vigo no 1936. Sen ser recoñecida como vítima. Sen nada máis que a vergoña.

Proportion
Antía Paz23 Agosto, 2022

Señoras que len

Antes de comezar, aviso: A de hoxe é unha peza persoal e estival, que tamén teño dereito a vacacións. Se queren outro tipo de contidos, recomendo Como ser a vítima perfecta, de Malva.

Proportion
Antía Paz3 Agosto, 2022

Onde bailarán as nenas?

Tiña Molotov, banda mexicana da miña adolescencia pola que o tempo (e o feminismo) pasaron francamente mal, un disco chamado «¿Dónde jugarán las niñas?». A portada era infame, pero a pregunta... a pregunta volveume á cabeza estes días, falando coas miñas amigas sobre saír de noite.

Proportion
Antía Paz19 Xullo, 2022

Purilla

A señora Pura, «Purilla» para os seus catro netos, é a miña avoa de Tirán. Purilla, coma tantas outras mulleres da súa quinta, acabaría por cruzar a ría para vivir e traballar en Vigo, forzada pola necesidade de sacar a familia adiante.

Proportion
Antía Paz5 Xullo, 2022

A escola pública e a gaticornia

Para min, sen dúbida, o acontecemento que marca este curso por riba de calquera outro é a culminación con éxito do proceso de castelanización da miña filla. Acabáronse as cores vermella e amarela, os cadeliños e as ovellas. Agora todo é «rojo», «amarillo», «un perro», «una oveja» e o galego é case unha anécdota.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail