Deixar de comer carne non vai salvar o planeta

O impacto do cambio climático no noso planeta é alarmante. A medida que os efectos nocivos se intensificaron, a carne converteuse nun obxectivo público. Cada día máis xente avoga por comer menos carne para salvar o medio ambiente. Algúns activistas, incluso, propoñen poñer un imposto á carne para reducir o seu consumo.
Argumentan que a produción xera máis gases de efecto invernadoiro que todo o sector do transporte. Porén, esta afirmación é falsa (como poderemos comprobar máis adiante), pero a persistencia desta idea leva a suposicións inexactas en relación co consumo de carne e o cambio climático.

Unsplash / Jenny Hill, CC BY-SA

 

A miña investigación céntrase en analizar as formas nas que a agricultura animal afecta á calidade do aire e ao cambio climático. Na miña opinión, existen moitas razóns para optar, ben por consumir proteínas animales ou ben por elixir un menú vexetariano. Non obstante, renunciar á carne e aos seus derivados non é a panacea para o medio ambiente como moitos nos queren facer crer e, levado ao extremo, tamén pode producir consecuencias nutricionais negativas.

Produción gandeira mundial por rexión (leite e ovos expresados en proteínas)
FAO, CC BY-SA

Récord en carne e gases de efecto invernadoiro

Gran parte da mala reputación da carne céntrase na afirmación de que a gandería é a meirande fonte de gases de efecto invernadoiro do mundo. Por exemplo, unha análise publicada polo Worldwatch Institute de Washington no ano 2009 aseguraba que ol 51% da emisión de GEI (gases de efecto invernadoiro) no mundo procedían da cría e procesado do gando.

Pero segundo a Axencia de Proteción Ambiental de Estados Unidos, as principais fontes de emisión de GEI en E.E.U.U. en 2016 foron a produción eléctrica (28% do total de emisións), o transporte (28%) e a industria (22%). A agricultura e a gandería representaron apenas un 9% das emisións, cifra á que a gandería contribúe cun irrisorio 3,9%. Oos números demostran que a gandería non se pode comparar co transporte en termos de contaminación.

Por que se chegou entón a esa conclusión? En 2006, a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) publicou un estudo titulado A longa sombra do gando: problemas ambientais e opcións. O informe, que atraeu a atención internacional, afirmaba que a gandería producía un asombroso 18% dos gases de efecto invernadoiro en todo o planeta. A axencia chegou a unha conclusión sorprendente: o gando facía máis dano ao clima que todos os tipos de transporte xuntos.

Esta afirmación é falsa e foi desmentida por Henning Steinfeld, o autor principal do informe. O erro residía en que os analistas da FAO levaron a cabo unha evaluación integral do ciclo de vida para estudar o impacto climático da crianza do gando, pero á hora de analizar o transporte empregaron un método diferente.

Para o gando, a FAO tivo en consideración todos os factores asociados á produción de carne, entre os que están as emisións xeradas pola elaboración de fertilizantes, a conversión de bosques en pastos, o cultivo de penso e as emisións que proveñen dos animais (eructos e deposicións) desde o seu nacemento ata a súa morte.

Non obstante, cando analizaron as emisións de carbono producidas polo  transporte ignoraron os efectos sobre o clima que proveñen da fabricación de materiais e pezas dos vehículos, a ensamblaxe dos mesmos e o mantemento de estradas, pontes, aeroportos e outras infraestruturas. Pola contra, só tiveron en conta as emisións de coches, camións, trens e avións. Como resultado, a comparación que fixo a FAO das emisións de gases de efecto invernadoiro entre gandería e transporte estaba completamente distorsionada.

Os investigadores descobriron múltiples opcións para reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro do sector gandeiro. As barras vermellas representan o alcance potencial de cada práctica.
Herrero et al, 2016, via Penn State University, CC BY-NC-SA

Durante unha conferencia dirixida a científicos en San Francisco el 22 de marzo de 2010, sinalei o erro presente no informe, o que levantou unha enorme poeira que produciu un importante seguemento mediático. Nun acto que lles honra, a FAO recoñeceu inmediatamente o seu erro, pero desgraciadamente a afirmación inicial de que a gandería producía a meirande porcentaxe de gases de efecto invernadoiro xa recibira unha gran cobertura por parte dos medios. Aínda hoxe loitamos para demostrar que non é así.

Se todos os estadounidenses eliminasen todas as proteínas animais das súas dietas, as emisións de gases de efecto invernadoiro do país só se verían reducidas nun 2,6%

No seu informe de evaluación máis recente, a FAO estimou que a gandería produce un 14,5% dos gases de efecto invernadoiro das actividades humanas a escala mundial. Non existe unha evaluación do ciclo de vida completo do transporte coa que se poida comparar. Porén, tal e como sinala Steinfeld, as emisións directas do transporte pódense comparar coas emisións directas e indirectas do gando, situándose as primeiras nun 14%, fronte al 5% das segundas.

Una producción menos nociva

Moita xente segue pensando que deixar de comer carne só un día á semana influirá na loita contra o cambio climático. Nada máis lonxe da realidade. Un estudo reciente demostra que mesmo se todos os estadounidenses eliminasen todas as proteínas animais das súas dietas, as emisións de gases de efecto invernadoiro do país só se verían reducidas nun 2,6%. Segundo os resultados da nosa investigación na Universidade de California en Davis, se toda a poboación de Estados Unidos se sumara á práctica do Meatless Monday (Luns sen carne), apreciaríase unha reducción de gases de tan só o 0,5%.

Ademáis, os cambios tecnolóxicos, xenéticos e de xestión que tiveron lugar na agricultura e a gandería de Estados Unidos durante os últimos 70 anos fixeron que a produción gandeira sexa máis eficiente e menos nociva para o medio ambiente. Segundo a base estatística da FAO, as emisións directas de gases de efecto invernadoiro nos EE.UU. diminuiron un 11,3% desde 1961, mentras que a produción de carne procedente da gandería multiplicouse por máis de dous.

A demanda de carne está crecendo nas economías emerxentes e en vías de desenvolvemento, con Oriente Medio, o norte de África e o sudeste asiático á cabeza. Aínda así, o consumo de carne por individuo nestas rexións aínda dista moito do dos países desenvolvidos. En 2015, a media de consumo de carne anual per cápita nos países con economías sólidas foi de 92 kilogramos, mentras que en Oriente Medio e no norte de África foi de 24 kilos, reducindose ata os 18 no sudeste asiático.

En calquera caso, dado o crecemento previsto da poboación no futuro, países como Estados Unidos deberán adoptar prácticas máis sostibles para a cría do gando.

Nos países en desenvolvemento (como Kenia, na foto), a cría de gando é unha importante fonte de alimento e ingresos para moitos agricultores e pastores de granxas pequenas.
Loisa Kitakaya, CC BY-SA

O valor da agricultura animal

Se a agricultura estadounidense prescindise dos animales reduciríase nun grado moi pequeno as emisións de gases, pero tamén sería máis difícil acadar os obxectivos nutricionais básicos. Moitos dos críticos coa gandería sinalan que se os agricultores cultivasen plantas unicamente, poderían producir una meirande cantidade de comida e de calorías por persoa. Pero os humanos tamén necesitamos moitos micro e macronutrintes fundamentais para a saúde.

Resulta complicado elaborar un argumento sobre o déficit calórico de Estados Unidos, especialmente se nos atemos ás tasas de obesidade infantil e en adultos do país. Ademais, non todas as partes das plantas son comestibles (ou apetecibles). A cría de gando engade valor económico e nutricional á agricultura vexetal.

Por exemplo, o gando consume plantas cuxa enerxía reside principalmente na celulosa, que non é dixerible polos humanos e moitos outros mamíferos, pero as vacas, as ovellas e outros rumiantes poden dixerila e liberar a enerxía que contén. Segundo a FAO, preto do 70% das terras agrícolas do mundo son devesas que só poden ser utilizadas como terras de pastoreo para gando rumiante.

A proxección do crecemento poboacional a nivel mundial sitúase en 9.800 millóns de persoas para o ano 2050. Como alimentar unha cantidade tan desorbitada de habitantes suporá un desafío brutal. Os nutrintes por ración da carne superan aos das opcións vexetarianas, e os animais rumiantes medran grazas a alimentos que non son comestibles para os humanos. A cría de ganado, ademais, supón uns ingresos económicos necesarios para os pequenos agricultores de países en vías de desenvolvemento: estímase que a gandería é o sustento principal de mil millóns de persoas en todo o mundo.

O cambio climático demanda atención urxente, e a industria gandeira xera unha gran cantidade de efectos negativos que afectan ao aire, á augua e á terra. Este impacto, xunto co vertixinoso crecemento da poboación mundial, dános razóns máis que sobradas para continuar a traballar na busca dunha maior eficiencia na agricultura animal. Persoalmente, considero que o punto de partida debe situarse en feitos amparados pola ciencia.The Conversation

Frank M. Mitloehner, Professor of Animal Science and Air Quality Extension Specialist, University of California, Davis

Este artigo fue publicado orixinalmente en The Conversation. Lea o orixinal.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail