Que lle regalará Alfonso Rueda, o presidente en suspensión da Xunta de Galicia, ao alcalde madrileño, José Luis Martínez Almeida, polo seu enlace matrimonial? Mentres Marta Otero Mayán –que xa lle botou un ollo á lista de voda– escollería a vaixela de La Cartuja (de Sevilla, non de Parma), Ana Luísa Bouza, Antón Losada e Xosé Manuel Pereiro o que se preguntan é que vantaxes políticas ou que satisfaccións persoais poden xustificar adiar a celebración dun dos días máis importantes da túa vida pola voda dun amigo dun amigo. Un compañeiro de empresa que traballa noutro centro, en definitiva. E outra cuestión crucial: sentarán a Rueda na mesa dos pequenos (baróns rexionais) ou na de autoridades/familia directa? Haberá paseíllo? Retransmisión en directo por algunha tele autonómica?
O que todos os catro se preguntan é do misterio que arrodea o proxecto Altri, e que saben e/ou que calan a Xunta e o Goberno central. Xa que non os nosos respectivos gobernos, pero se algún amable oínte ten información que dar, en redaccion@revistaluzes.com somos todo orellas.