Malva e Duarte falan de misterios

O Palmar de Troia, parte I

Esta semana… Malva e Duarte falan de sectas, cun guión tan longo que temos que dividir o episodio en dúas partes. Nesta primeira volta Duarte introdúcenos no mundo do Palmar de Troya mentres falamos de que diferencia a unha relixión dunha secta, títulos nobiliarios e crianzas atopándose á Virxe en…

As fadas de Cottingley

Volvemos (contra todo prognóstico). No primeiro episodio da nova tempada metémonos no tema do espiritismo, Houdini e Sir Arthur Conan Doyle para falar das fadas de Cottingley. Falamos de emigrar ao Reino Undo, do espiritismo mainstream e fotos trucadas… ou non!

Episodio 0 – Non estabamos mortes

Boa día, boa tarde, boa noite e benvides unha semana máis a Malva e Duarte… non calan?? Este episodio é só para poñervos ao día: cambiamos de nome, abrimos a veda, e agora falamos o que nos dea a gana. Xa non só misterios (que tamén), senón calquera historia que…

As Peores Persoas do Mundo (Malva’s Version)

Esta semana Malva e Duarte volven para falar sobre unha nova horrible persoa. Malva cóntanolo todo sobre alguén cuxa maldade tivo unhas consecuencias que seguen estando claramente presentes e vixentes a día de hoxe. Ligazóns de interese: Situación no Congo Situación en Sudán

As Peores Persoas do Mundo (Duarte’s Version)

Malva e Duarte traen un especial sobre cales son na súa opinión as peores persoas da historia. Duarte narra a violenta vida dunha celebridade cara as mulleres do seu círculo próximo e a súa propia familia, algo que non se cita cando se fala da sua obra.

S03E25 – Infidelidades e grupos de amigos

As tanxentes desta semana acabaron sendo bastante máis temáticas (e intimas) do que pensabamos cando comezamos a gravar. Falamos das implicacións das infidelidades entre parellas e como é romper co teu grupo de amigos, con Ariana Grande como fío conector.

S03E24 – Misterios de Boiro con Olaxonmario

Esta semana, Malva, Duarte e Mestre Mateo nominated Youtuber Olaxonmario exploran os misterios máis emblemáticos da ilustre vila de Boiro, a Santa Compaña e Kate Middleton.

Boicots, educación sexual e pornografía.

Esta semana, Malva e Duarte volven co seu xa habitual popurrí de tanxentes. Falamos de Linkedin, da fama das redes e, en especial, do boicot a Eurovisión, de como foron as nosas charlas de educación sexual e do dano que fai a pornografía na mocidade.

O pánico satánico

Esta semana Malva cumple a súa promesa e fálanos dun fenómeno moi misterioso: o Pánico Satánico da década dos 80. Por que comezou? Cales son os seus antecedentes históricos? Como está relacionado co boom das sectas? Todo isto e máis neste capítulo de Malva e Duarte falan de misterios.

Super Bowl, altura e apps de citas

Esta semana Malva e Duarte falan de pequenos terrorismos que se poden cometer en festas universitarias, o Súper Bowl e os altos e os baixos das aplicacións de citas. Podedes doar a Gofundmes para axudar a xente a evacuar de Gaza

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail