De PUAs, pavóns e homes desesperados (Incels 2)

(Nota: Pola propia natureza do tema este artigo e os que seguiren por forza terán que falar de violencia machista, misoxinia, violencia sexual, abuso e outros asuntos sensíbeis.)

«De feito, todas as mulleres que coñecín parecíanme descartábeis e substituíbeis. Estaba a experimentar o paradoxo do sedutor: canto mellor sedutor viraba, menos gostaba das mulleres. O éxito xa non se acadaba fodendo ou atopando moza, mais por como de ben aplicaba o guión».
The Game: Penetrating the Secret Society of Pickup Artists

No 2022 a televisión aínda emite reposicións da comedia americana How I Met Your Mother (Como coñecín a vosa nai). Nela o personaxe de Barney Stinson, vestido con traxes de xastre, tenta deitarse con innúmeras mulleres empregando técnicas tan sinistras como ridículas que inclúen engano, hipnotismo, creación de falsas personalidades ou até maxia escénica. Ademais, rexistra todos os seus calotes nun libro encadernado en coiro, The Playbook. Por esaxerado que pareza, o papel interpretado por Neil Patrick Harries está baseado nunha comunidade real de «sedutores» con orixe nos anos setenta e que podemos ligar, máis recentemente, cos grupos que asaltarían o Congreso dos EUA o 6 de xaneiro do 2021. Infelizmente, este retrato televisivo é morno e comedido comparado coas estratexias reais dos autodenominados PUA.

PUA son as siglas en inglés de Pick Up Artist e poden ser traducidas como «artista da sedución». Representan unha comunidade formada case totalmente por homes cisheterosexuais que din ter convertido o acto de facer as beiras nunha arte, e nalgúns casos até nunha «ciencia». Para eles, as interaccións humanas non están determinadas pola libre vontade, mais por unha serie de mecanismos biolóxicos contra os que non se pode loitar. Convenientemente, estes «expertos» están dispostos a ensinar os seus coñecementos secretos por un prezo.

PUA son as siglas en inglés de Pick Up Artist e poden ser traducidas como «artista da sedución». Representan unha comunidade formada case totalmente por homes cisheterosexuais que din ter convertido o acto de facer as beiras nunha arte, e nalgúns casos até nunha «ciencia». Para eles, as interaccións humanas non están determinadas pola libre vontade, mais por unha serie de mecanismos biolóxicos contra os que non se pode loitar.

A procura de atallos milagreiros para evitarmos a complexidade no «amor» é tan antiga como a historia rexistrada. Xa os primeiros libros de maxia exipcia no século XI a.C. estaban inzados de receitas para acadar a atención da persoa desexada. E en todas as etapas históricas atopamos autores encirrados en esmiuzaren os secretos da atracción, e non son poucos os manuais para topar marido ou muller que conservamos desde a Idade Media. Coa chegada do Iluminismo, os libros de maxia do amor mudan en tratados pseudocientíficos para explicar este sentimento coa nova terminoloxía da filosofía natural e ofrecer solucións «garantidas pola ciencia».

Este proceso de «tecnificación da sedución» culminaría na publicación, en 1969, de The Art of Erotic Seduction, por Albert Ellis, considerado un dos pais da psicoterapia moderna. A obra acadaría un éxito considerábel, pero o seu contido era pouco divulgativo. Un ano despois, o director de cinema Eric Weber publicaría How to Pick Up Girls! nun ton máis lixeiro e popular. Onde a obra de Ellis pretendía ser un tratado científico sobre a psicoloxía da sedución, a de Weber presentaba unha guía paso a paso que conminaba o lector a seguir un método «probado cientificamente». Se algo tiñan en común estas obras, e as que seguirían nos 70 e nos 80, era conceptualizaren a sedución non como un encontro entre suxeitos igualmente participativos, mais coma un proceso no que home era o activo, conquistando as reticencias dunha muller pasiva que «tiña que ser seducida».

Onde a obra de Albert Ellis pretendía ser un tratado científico sobre a psicoloxía da sedución, a de Eric Weber presentaba unha guía paso a paso que conminaba o lector a seguir un método «probado cientificamente». Se algo tiñan en común estas obras, e as que seguirían nos 70 e nos 80, era conceptualizaren a sedución non como un encontro entre suxeitos igualmente participativos, mais coma un proceso no que home era o activo, conquistando as reticencias dunha muller pasiva que «tiña que ser seducida».

Durante os seguintes 20 anos xurdiría unha constelación de «gurús» norteamericanos que promoverían cadanseu método e organizarían seminarios de sedución, arredor dos cales callarían pequenas comunidades de discípulos aínda isoladas. Entre eles atopábase Paul Ross, alcuña de Ross Jeffries, que en 1991 publicaría How to Get the Women You Desire into Bed: A Down and Dirty Guide to Dating and Seduction for the Man Who’s Fed Up with Being Mr Nice Guy (Como levar á cama as mulleres que desexas: unha guía sucia e sen cuartel de citas e sedución para o home farto de ser o tipo amable). A obra sería fundacional no movemento, entre outras cousas por levar no título o termo «nice guy», que remataría virando un meme no século XXI.

Porén, a súa consecuencia máis duradeira foi atraer a un dos seus seminarios a Lewis De Payne. Este estudante de informática e traballador de Silicon Valley crearía, en 1994, unha rolda de noticias en Usernet (alt.seduction.fast) para compartir experiencias online con outros «sedutores». De Payne estaba a facilitar a comunicación entre grupos de sedutores, iniciando o primeiro espazo para desenvolver unha cultura da sedución independente dos mestres individuais. A un tempo, comenta P. Hermansson en The International Alt-Right. Fascism for the 21st Century? (A extrema dereita internacional. Fascismo para o século XXI?), grupos de neonazistas, anti-feministas e similares empregaban tamén Usernet para crearen espazos alén dos seus grupos locais.

Aínda que en 1994 comezaba o que a vella garda de Internet chamaría o Setembro Eterno, a popularización e facilidade de acceso á rede para o público xeral, os usuarios destes grupos de presentaban un claro nesgo sociolóxico: eran na súa maioría homes novos, con formación tecno-científica e a traballar nos ambientes altamente masculinizados das nacentes tecnoloxías dixitais. Citando a D. Beran en It Came from Something Awful (Isto veu de algo horríbel), este perfil reforzaría a retórica pseudo-científica da sedución e a percepción das mulleres como entes alleos a calquera relación que non fose de carácter sexual.

Nestas conversas na rede nacería unha xiria PUA para describiren métodos, anécdotas e elementos da súa cultura. Sarge (sarxento), o nome do gato de Ross Jeffries, derivaría no verbo sarging, saír pola noite na procura de mulleres, coma gatos á xaneira. Un usuario co pseudónimo Mystery popularizaría o termo negging, unha forma de interacción abusiva na que o PUA disfraza insultos como gabanzas para erodir a autoestima das súas vítimas e así facilitar a sedución. Peacoking (facer como o pavón) sería o acto de se enfeitar con cores e complementos rechamantes para destacar na visión das mulleres e diferenciar doutros homes. Esta idea, tirada da psicoloxía evolutiva, levaría á estética prototípica dos PUA nos anos 90: traxes de cores brillantes e deseños inusuais, enormes sombreiros de aba larga adobiados até con plumas de ave, aneis, cadeas de ouro e alfaias semellantes.

Imaxe de Pick-up artist forum.

Nestas conversas na rede nacería unha xiria PUA para describiren métodos, anécdotas e elementos da súa cultura. Sarge (sarxento), o nome do gato de Ross Jeffries, derivaría no verbo sarging, saír pola noite na procura de mulleres, coma gatos á xaneira. Un usuario co pseudónimo Mystery popularizaría o termo negging, unha forma de interacción abusiva na que o PUA disfraza insultos como gabanzas para erodir a autoestima das súas vítimas e así facilitar a sedución.

Seguindo coa estética pseudocientífica mesturada coa emulación dos códigos militares, os PUA escribirían «informes de campo» das súas noites de «caza», onde informaren de maneira aséptica e codificada sobre os seus encontros, exitosos ou non. O mesmo Jeffries carimbaría «Kino Escalation» para definir as técnicas de invasión do espazo persoal das mulleres, tocando o seu corpo durante as conversas para «escalar a interacción».

Tamén identificarían a LMR, Last Minute Resistance (remorsos do último momento), como o seu principal inimigo. Cumpriría subverter a vontade das mulleres que deciden non se deitar con eles malia teren correspondido inicialmente os seus avances. O seu discurso defende que a negativa só xorde dun «imperativo moral» feminino de performar castidade. Esta idea, oposta ao feminista «NON é NON», levaría a moitos gurús a centrar as súas técnicas na apoloxía do abuso sexual, o que, como nos casos de Vincent Vinturi e Daryush Roosh Valizadeh, remataría nos xulgados. Finalmente, o Game (o xogo ou a caza) abranguería toda o sedución e calquera interacción entre homes e mulleres.

Tamén identificarían a LMR, Last Minute Resistance (remorsos do último momento), como o seu principal inimigo. Cumpriría subverter a vontade das mulleres que deciden non se deitar con eles malia teren correspondido inicialmente os seus avances.

The Game sería tamén o nome do libro publicado no 2005 polo xornalista Neil Strauss. Concibido como exposé da comunidade PUA, virou finalmente nun relato gonzo. A obra, encadernada en coiro negro imitando o formato das biblias, mostra como Strauss fai amizade con Erik von Markovik, o sedutor tras do pseudónimo Mystery, participa nos seus sargings e atende as súas recomendacións para mellorar a súa técnica de sedución. O xornalista remataría adoptando un pseudónimo de seu, Style, e vivindo nunha casa en Hollywood cunha ducia doutros «artistas». Converteuse nunha mistura de Grande Irmán e unha academia do estilo de vida PUA. Uniríanselles personaxes como Papa ou Tyler Durden e, como as lectoras poderán adiviñar, o proxecto remataría en fracaso despois de pór entre catro paredes un grupo de narcisistas patolóxicos. Con todo, The Game é considerado o punto de inflexión da imaxe pública dos sedutores profesionais: de individuos illados que comentaban as súas experiencias na Internet pasarán a protagonizar artigos informativos e até apareceren en filmes e series.

Mystery Project Hollywood | Youtube.

No mesmo ano nace Youtube e nel os PUA atopan a oportunidade para publicaren as súas fazañas. O mundo coñece entón o daygame, o proceso de asaltar mulleres descoñecidas á luz do día e no medio da rúa para reclamar a súa atención. A idea de que os sedutores ensinan auto-axuda orientada a rapaces que precisan asistencia por seren menos habelenciosos nas relacións sociais esfarela de vez cando podemos ver como incomodan as súas vítimas. Isto non impide que os «mestres da sedución» tenten monetizar e expandir os seus programas, creando franquías internacionais dos seus métodos. Ao tempo, os grupos de noticias mutan en foros e comunidades en MySpace, Facebook e, finalmente, na plataforma Reddit sob nomes como /r/pua ou /r/seduction. Alén da troca de experiencias, estes espazos serven para os mestres recrutaren novos acólitos dispostos a pagar grandes cantidades polos seus secretos. As empresas do sector proliferan e entre outros Tyler Durden, pseudónimo de Owen Cook, un dos compañeiros de casa de Strauss, crea Real Social Dynamics, con sucursais en todo o mundo.

A idea de que os sedutores ensinan auto-axuda orientada a rapaces que precisan asistencia por seren menos habelenciosos nas relacións sociais esfarela de vez cando podemos ver como incomodan as súas vítimas. Isto non impide que os «mestres da sedución» tenten monetizar e expandir os seus programas, creando franquías internacionais dos seus métodos.

Nestes alargados espazos dixitais os PUA afondan nos seus contactos con outros elementos afíns do que nuns anos chamaríamos a Manosphere: «activistas» anti-feministas, filósofos de Internet que avogan por unha «independencia radical masculina», asociacións de pais divorciados e teóricos do «mercado sexual». Poren, sería tamén na rede onde os clientes desencantados dos PUA toparían un lugar para comentaren os seus fracasos, o ridículo dos seus métodos e o diñeiro malgastado no proceso.

No 2009, un antigo alumno de Real Social Dynamics, co alcume Nicholaus, crea a páxina puahate.com para centralizar a crítica a este colectivo. Nas mesmas páxinas onde aniñaban os sedutores aparecen outros subespazos para faceren escarnio deles, denunciaren o ineficaz dos seus métodos e, por riba de todo, partillaren o convencemento amargo de que non poden facer nada para melloraren a súa vida social.

Poderiamos desbotar estes contos como máis un drama intrascendente da Internet, se non for porque no 2014 Elliot Rodger, participante habitual destes espazos, mataría sete estudantes e feriría quince nun ataque suicida na Universidade de California. Coma moitos outros comentaristas destes espazos, afirmaba no seu manifesto ter engulido a pílula vermella que lle faría ver que pasaría a súa vida forever alone, sempre só. Namentres, nun dos recunchos máis profundos e lamacentos da rede, celebrábase a súa vinganza contra os chads e stacies e comezaba unha campaña para a «beatificación» do Supremo Cabaleiro Elliot Rodger, Santo Patrón dos Incels. Como é posíbel a formación dunha ideoloxía disposta a cometer e celebrar masacres no nome da frustración sexual? Para o entendermos non nos queda outra que adentrarnos na Manosphere e nos mesmos espazos dixitais que parirían teorías da conspiración como Qanon e a maré de memes fulcrais na vitoria de Donald Trump no 2016.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail