Este artigo tamén está dispoñible en: Castelán
Acaba de ocorrer outra vez. Desta volta, cun menor. Unha agresión homófoba, na que son uns menores os protagonistas (non hai a desculpa de que «son doutra época»). Esta vez, en Cartaxena. Xa é suficiente.
A terceira lei de Newton déixanolo moi claro. Unha acción deriva nunha reacción de igual proporción, de forma contraria. No plano social isto adoita ser así, pero no colectivo LGTBI —ou noutras minorías— fáltannos ferramentas para que isto aconteza.

Cando unha vítima acaba no hospital, a única opción é denunciar. Pero, lamentablemente, seguimos sen dipor de leis efectivas que fagan que a reacción sexa proporcionada ao dano causado.
Unha vítima destas atrocidades queda marcada. Marcada de por vida. Con medo a saír á rúa, a interactuar e a que volva pasar. é unha paliza polo feito de existir. Non hai que buscar se «se lle contestou» ao agresor, o u«que estaba facendo» a vítima no momento. É un odio irracional que hai que erradicar. Porque ningunha reacción dunha vítima dunha malleira está seguindo a racionalidad dunha teoría física descrita por este gran pensador. Acabar no hospital non é unha reacción, é unha desgraza que pode derivar nunha morte.
Apliquemos, pois, a razón; para que todo o odio e todas as vítimas teñan a súa xustiza asegurada. Non se pode dar a uns o dereito á súa integridade en calquera lugar e a outros non. Nun parque, nunha rúa ás escuras, nun bar de mala morte, nun hotel de cinco estrelas ou nunha festa privada na Gran Vía; todos deberiamos ter dereito a ela. Que se impoña a acción de respectar por dereito. E se non, que haxa reaccións de todos os axentes implicados (forzas de seguridade, xudicial, sanitarios, profesores…) que axuden a que a reacción xeral desta sociedade sexa de repulsa total ante estes acontecementos.
Reaccionemos todos xa!
Este artigo tamén está dispoñible en: Castelán