101 subscricións máis para Luzes

Nos seus 9 anos e 109 números de existencia, coa contribución de máis dun milleiro de persoas que colaboraron nela, desde xente que daba os seus primeiros pasos ata outra xa consagrada profesionalmente, Luzes constituíse como unha publicación de referencia, non soamente para Galicia, senón para todo o estado.

Hai novas circunstancias de encarecemento de papel e outros custes. Malia todo, nós seguimos querendo manter unha revista da máxima calidade e referencia, en papel e en dixital, e que chegue á caixa de correos de quen se subscribe unha publicación de cen páxinas e natureza singular e duradeira.

Para tentar paliar esa suba nos custes de produción, non queremos rebaixar a calidade do produto informativo que é Luzes. Non queremos reducir páxinas, nin colaboradores, nin moito menos baixar as tarifas que pagamos a quen escribe, ilustra ou fotografía.

Luzes quere e debe ampliar a tribo de xente ceibe subscritora que permitiu crear este espazo da información e creación emancipado.

A utopía posible, realista e necesaria é acadar 101 subscricións máis antes de que remate 2022. Sería o alicerce da revista para o futuro, e permitiría manter as tarifas de subscrición de sempre, e incluso mellorar as condicións económicas que ofrecemos a quen colabora.

Quen faga dentro dese prazo unha subscrición anual en papel recibirá un libro co selo de valor da factoría Luzes. E se xa recibes a revista e achegas unha nova persoa á tribo por un ano, recibiredes cadanseu libro. É un agasallo, mais sobre todo un agradecemento: No país de Luzes damos as grazas.

SUBSCRÍBETE!

Manuel Rivas e Xosé Manuel Pereiro
cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail