Crúas é un dúo de piano (Iria Sanmarcial) e voz (Alba Ermida) que nace para poñerlles música a palabras de poetas galegas. Poemas feitos cancións, melodías que transportan mensaxes, notas que evocan imaxes. Unha música das entrañas, íntima e delicada, que non se deixa clasificar en xéneros, que cura feridas abertas, que aperta almas crúas.