Autor: Malva&Duarte

Proportion
Malva&Duarte8 Decembro, 2025

Conducir pola esquerda e cirurxía estética

Esta semana, Malva e Duarte falan da recente viaxe de Malva a Irlanda e Bruxelas, conducir no lado equivocado da ...

Proportion
Malva&Duarte25 Novembro, 2025

Anastasia, Gran Duquesa de Rusia

Esta semana Malva e Duarte falan sobre a vida e morte da cuarta filla do tsar Nicolao II e a súa muller Alexandra, Anastasia. Discuten a película do 1997, Rasputín, a propaganda anticomunista e o legado dos Romanov. A Revolución rusa debeuse a un trato de Rasputín co demo ou Don Bluth minte?

Proportion
Malva&Duarte12 Novembro, 2025

O hiperindividualismo, as redes e como quererse ben

Esta semana de tanxentes, Malva e Duarte envían o seu cariño aos ladróns das xoias do Louvre, comentamos o último tema de Rosalía, e, para variar, falan en galego sobre o uso do galego. Como tema central tocan o hiperindividualismo, as conversas incómodas e o rara que é a xente coes creadores de contido.

Proportion
Malva&Duarte3 Novembro, 2025

A travesía do Endurance

Esta semana viaxamos ata a fría Antártida para descubrir, a través do Endurance e de Ernest Shackleton, todas as cousas que poden saír mal… e aínda así saír ben. Entre xeo, mascotas e conducir pola esquerda, tocamos leccións para non perder o rumbo.

Proportion
Malva&Duarte21 Outubro, 2025

Algún día deixaremos de falar de Taylor Swift

Volven as semanas das tanxentes! Neste novo episodio deixamos as historias a un lado para esbardallar de varios temas: comezamos coa xente que decide subir montes na súa crise dos 40; seguimos co pique entre Charlie XCX e Taylor Swift; e facemos unha pequena pausa para comentar as películas deste ano.

Proportion
Malva&Duarte14 Outubro, 2025

Nelly Bly e o xornalismo “stunt”

Esta semana Malva e Duarte falan sobre Nelly Bly, Nelly Brown ou Elizabeth Cochran, xornalista de “stunt” que se coou en manicomios, deu a volta ao mundo en menos de 80 días e foi expulsada de México. As tanxentes inclúen o tema da hixiene persoal e non podemos prometer que Taylor Swift non sexa mencionada.

Proportion
Malva&Duarte2 Outubro, 2025

O Palmar de Troia, parte II

Seguimos co Palmar de Troia! Nesta segunda parte repasamos a caída de Clemente e do seu séquito, descubrimos como a Igrexa Palmariana chegou a retocar a Biblia ao seu gusto e exploramos de que maneira esas modificacións seguen marcando o día a día da secta na actualidade.

Proportion
Malva&Duarte22 Setembro, 2025

O Palmar de Troia, parte I

Esta semana… Malva e Duarte falan de sectas, cun guión tan longo que temos que dividir o episodio en dúas partes. Nesta primeira volta Duarte introdúcenos no mundo do Palmar de Troya mentres falamos de que diferencia a unha relixión dunha secta, títulos nobiliarios e crianzas atopándose á Virxe en prados.

Proportion
Malva&Duarte8 Setembro, 2025

As fadas de Cottingley

Volvemos (contra todo prognóstico). No primeiro episodio da nova tempada metémonos no tema do espiritismo, Houdini e Sir Arthur Conan Doyle para falar das fadas de Cottingley. Falamos de emigrar ao Reino Undo, do espiritismo mainstream e fotos trucadas… ou non!

Proportion
Malva&Duarte1 Setembro, 2025

Episodio 0 – Non estabamos mortes

Boa día, boa tarde, boa noite e benvides unha semana máis a Malva e Duarte… non calan?? Este episodio é ...

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail