CTL 33: Sentinelas da lúa carmesí

Con este programa queremos celebrar o pasado Día Mundial do Cómic (17 de Marzo). Temos con nós aos creadores dunha historia fascinante enfocada a público adolescente e editada por Galaxia: “Desde os albores dos tempos, seres míticos e humanos coexistían en paz e harmonía. Pero un día, os homes comezaron a perseguir o que non comprendían. Tres mouras foron confundidas con bruxas e condenadas á fogueira. Unha delas fuxiu, propagando unha maldición que case acaba coa humanidade enteira. As criaturas mitolóxicas acordaron entón manter a moura encerrada mediante un conxuro ligado á non intervención do humano devir. A lenda di que unha cría humana será quen volverá unir ambos os mundos…

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail