Temos un programa moi especial. Charlamos coa cantautora galega do seu novo disco, Roibén. Unha viaxe a través de cada canción, na que aproveitamos para divagar por outros lugares e polo presente. Un traballo arriscado e íntimo, esperanzador e crítico. «Roibén acabou seendo o que é porque abrimos paso entre a escuridade». Así define Guadi o seu novo traballo. Dez cancións cheas de emoción que conforman «un disco de transición e de contrastes, que retrata a luz que hai sempre en toda escuridade».