Hoxe facemos unha mestura especial: o director da MIT e un recoñecido dramaturgo madrileño. Conejero presenta un espectáculo chamado EL Mar: Visión de unos niños que no lo han visto nunca, que realizou con Xavier Bobés. A idea foi levar ó teatro a historia dun mestre que foi asasinado na Guerra Civil. Tiña un método de ensinanza libre a través dunha pequena imprenta coa que levaba ó papel os escritos dos nenos. Acompáñanos tamén Roberto Pascual, para falarnos non só da súa xestión de xa trece anos coa MIT… estrea o seu rol como dramaturgo con Sofía non é meu nome de guerra. Falamos de todo un pouco con eles.