Sen debate non hai liberdade

A liberdade e a igualdade deixan moito que desexar cando se violan os principios fundamentais da liberdade de expresión e de pensamento, e as consecuencias disto até chegan á universidade.

A trata de persoas é un feito que sempre deixamos de lado en Occidente porque pensamos que non nos toca, pero hai que recordar que España é o terceiro país de Europa onde máis relevancia ten a acción das mafias que se dedican á trata de persoas para a entrada de mulleres e homes explotados cara Europa. Por outra banda, España é uns dos maiores consumidores a nivel mundial de prostitución. Se «nove de cada dez mulleres teñen dependencia dun proxeneta», entón poderíase a estar a falar de traballo?

A violencia contra as mulleres —aquí engadiría os homes tamén— ten moitísimas caras. Dende un punto e outro, dita violencia é feita e referida por moitas partes distintas da sociedade, que permite a calquera desaprensivo facer de menos calquera vida. Pero tamén o sistema crea as súas vítimas. Non son vítimas dunha especie de trata (vouna bautizar como trata social), aquelas persoas que esperan un longo tempo a unha regulación da súa situación para ficar no noso país? Que poden facer para conseguir ingresos lonxe de roubar para sobrevivir se non teñen recursos onde manterse protexidos? Ou, que destino ten unha muller que pasou por unha resignación sexual nun país onde a súa taxa de desemprego é do 85%? Nos estudos da Doutora Melissa Farley para o Kaiser Foundation Research Institute, afírmase que o 90% das prostitutas están traballando porque non encontran outra opción. Indagando no tema, está claro que na nosa sociedade heteropatriarcal hai incidencias que deixamos de ver.

A universidade é o lugar onde o debate acerca de temas que crean controversia debería deixarse facer libremente, porque sen escoitar todos os puntos de vista intelectuais, como imos mellorar a situación das persoas?

Ademais, quero facer especial fincapé neste tema, principalmente porque «os homes poden ser infectados por elas» e é onde residen a maioría das (poucas) mencións que hai sobre o tema das ITS e a prostitución. Deixando de lado a saúde sexual das persoas profesionais do traballo sexual, quen son referidas —moitas veces— como «focos de posible infección» en vez de «posibles receptoras das infeccións» (Brujas de Mona Chollet, Ediciones B). Facer intervencións que deixen de ver as traballadoras sexuais como focos de infección, e darlles atención específica no seo da sanidade é unha conta pendente.

Imaxe das xornadas sobre traballo sexual que se celebran no centro cívico A Comuna da Coruña, tras a cancelación na UdC.

Todas estas cuestións son as que xiran arredor do tema da prostitución, e lonxe de formar un debate no que se discutan os puntos e a dirección que a sociedade ten que coller para ir medrando e dando pasos cara diante, acábase coas liberdades de investigación e de expresión na propia universidade; Un lugar onde o debate acerca de temas que crean controversia debería deixarse facer libremente, porque sen escoitar todos os puntos de vista intelectuais, como imos mellorar a situación das persoas? María Martínez foi vítima desta censura. As abolicionistas comezaron a mobilización, vía Twitter, dende tódolos recunchos do noso país para ir en contra dunhas charlas, de posición reguladora, nas que distintos profesionais do sector ían falar da súa experiencia. Un punto de vista que vexo importante ter en conta porque… Non sería preciso antes de regular ou abolir algo, escoitar as súas protagonistas?

Impedir o debate nunha cuestión que temos tan pouco madurada e con tanta diverxencia de opinión é un erro, un erro que temos que propornos mudar na nosa sociedade cando chegan a cancelarse unas charlas na universidade por «non poder garantir a seguridade». O debate debe ser a esencia da universidade.

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail