Visita virtual á historia do Pazo de Meirás

A exposición [Es]Pazo Meirás é unha mostra gráfica que explica os diferentes usos do Pazo de Meirás ata estar en mans de Franco, así como o proceso democrático de recuperación. Realizada pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH), en colaboración co Concello da Coruña e a Deputación da Coruña, pódese ver ata o 19 de decembro no Cantón Grande da Coruña, e a partir desa data, en Sada. Para todos aqueles que queiran ver a exposición desde calquera lugar, ofrecemos esta visita virtual en 3D, realizada realizada polos arquitectos encargados do deseño e da dirección técnica da exposición, Jorge García Vila, Tania García Tubio e Irene García Paz. Ofrecémola hoxe, 10 de decembro de 2020, unha data que haberá que incorporar á historia de Meirás, porque os Franco teñen orde xudicial de desaloxar ese día o edificio e as terras que desfrutaron ilegalmente case 80 anos.

 

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail