A xogar, Alberto

Este artigo tamén está dispoñible en: Castelán

E cando espertou, Rajoy xa non estaba alí. O presidente de Ucrania chegou este lunes a Madrid para visitar o presidente do Goberno pero cando se decatou, na Moncloa xa non estaba Mariano, o señor de Pontevedra, senón Mr Guapo como bautizou a prensa internacional a Pedro Sánchez.

O tsunami da moción de censura que desaloxou bruscamente o PP do poder descolocou a case todo o mundo provocou cabaleiro no PP porque todos se puxeron a mirar cara o mesmo lado, cara o Noroeste, cara a Galicia, esa última illa azul coa súa maioría absoluta e todo; apenas un vago recordo desa España de hai uns anos, poboada de gaivotas.

Os populares andan desconcertados porque seguen sen entender moi bien que pasou e como é posible que o tafur do Lérez caese esta vez ante o exército de Pancho Villa con socialistas, populistas, separatistas e ata os de Bildu. Chámase fartura, chámase corrupción.

Rajoy deixou a Moncloa despois de dúas boas sobremesas en sendos restaurantes porque unha cousa non quita a outra e disponse a resistir unha vez máis para pilotar a transición se é que ao final é necesaria. Tampouco hai que agobiarse.

Esta dereita española, liña dura, está disposta a aceptar outro galego e é que pensan que Feijóo é «menos galego» que Rajoy

A dereita madrileña, sempre tan aznariana ten ganas de perdelo de vista, de mandalo dunha vez a Santa Pola ou a Sanxenxo; dálles igual. Nunca lles gustou. Sempre lles pareceu un brando, non coma José Mari que xa tería posto orde en Cataluña. Prefiro non dicirlles como.

Esta dereita española, liña dura, está disposta a aceptar a outro galego como recambio no PP e é que pensan que Feijóo é, atención, «menos galego» que Rajoy. Menos dubitativo, menos pachorrento para entendernos. Xa saben, o da escaleira que nos persegue.

Así que caídos todos os demais posibles sucesores e con Soraya Saenz de Santamaría e Cospedal tocadas tamén polo ocaso de Rajoy, todas as miradas se dirixen a Santiago.

E Alberto déixase querer. Iso sí, Feijóo quere que o vaian a buscar e o elixan por aclamación, un sistema que non funcionou moi ben noutros partidos ultimamente.

Sexa como fose, Nuñez Feijóo leva xa varios días quentando pola banda e dun momento a outro terá que lanzarse a xogar. O partido vano perdendo e a remontada non é fácil: Sánchez xa está instalado pola vía rápida en Moncloa e Rivera axita as mesmas bandeiras do PP e lévalles vantaxe nas enquisas.  

 

Este artigo tamén está dispoñible en: Castelán

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail