Que sabemos da vacina de Oxford contra a covid-19

Este artigo tamén está dispoñible en: Castelán

De aprobarse a súa utilización, a vacina desenvolvida polo consorcio liderado pola Universidade de Oxford e a empresa farmacéutica AstraZeneca será probablemente unha das primeiras en distribuírse para a profilaxis contra a covid-19.

Pero, sabemos se é segura, que efectos secundarios pode causar e, en caso de ser eficaz, como nos vai a protexer?

Empecemos polo principio. A vacina ChAdOx1 nCoV-19, desenvolvida pola Universidade de Oxford, está constituída por virus que afectan a chimpancés e que foron modificadas para que se parezan ao SARS-CoV-2 (teñen un compoñente da súa envoltura, a proteína S). Así, cando esta vacina se inocula no noso corpo, o sistema inmunitario reacciona coma se fora o coronavirus, só que sen o máis mínimo risco de desenvolver a enfermidade.

A táctica non é nova: moitas das vacinas que recibimos na nosa infancia funcionan do mesmo modo. O resultado é que o organismo prepárase para que, se chegamos a contraer a infección, non produza a enfermidade. Ou en todo caso, se hai algún efecto, que sexa o máis leve posible. Por dicilo doutro xeito, «presentámoslle» o SARS-CoV-2 para que non lle resulte un completo descoñecido.

Coa vacinación non só conseguimos evitar a enfermidade, senón que ademais contribuímos entre todos a que o virus non se transmita. Protexémonos nós e protexemos os demais. Un exemplo claro de que a estratexia funciona atopámolo na recente erradicación da polio en África.

Seguridade e eficacia en animais de experimentación

Antes de comenzar os ensaios en humanos, a fase preclínica inclúe obrigatoriamente probar a vacina en primates non humanos, normalmente monos macacos. Son o mellor modelo porque o seu sistema inmune é moi semellante ao noso e padecen a infección de forma similar. Ademais, unha vez vacinados inféctanse deliberadamente para analizar se a vacina funciona.

Os investigadores de Oxford atoparon anticorpos contra o SARS-CoV-2 ás dúas semanas de inocular os animais a vacina e non se atoparon nos que non a recibiran, empregados como control. Os animais que recibiran doble dose tiñan máis anticorpos e non observaron efectos adversos en ningún dos dous grupos. Tamén detectaron aumento de interferón como sinal dunha boa  resposta inmune celular (células T). Estes efectos son os que se pretenden conseguir nunha vacina.

Porén, despois de infectalos con SARS-CoV-2, todos os animais presentaban virus nas vías respiratorias, aínda que ningún deles padeceu pneumonía (segundo as análises dos seus pulmóns), nin afeccións noutros órganos.

A conclusión foi que a vacina parece segura, sen efectos adversos, pero non evitou a proliferación do virus nos animais (infectáronse e podían transmitilo), aínda que reduciu significativamente a enfermidade.

Eficacia e seguridade da vacuna ChAdOx1 nCoV-19 en animais e na fase I/II en humanos desenvolvida pola Universidade de Oxford. Mercedes Jiménez.

Pero, funciona en humanos?

Recentemente, publicáronse os resultados dos primeiros estudos en humanos (fases I e II). Nos ensaios, inxectouse a 543 persoas sanas (18 a 55 anos) a vacina contra o SARS-CoV-2, e a 534 personas unha vacina diferente (meningococo, que produce outra enfermidade). Por qué meningococo? Porque comparar resultados con algo coñecido e de probada eficacia proporciona unha información moi valiosa para testar tratamentos novos.

A continuación, avaliouse o nivel de anticorpos no sangue dos individuos vacinados mediante probas serolóxicas (ELISA) aos 28 días da vacinación. O que se detectou foi un claro aumento de anticorpos con respecto ao nivel antes da vacinación. Ao inxectar unha segunda dose, o nivel de anticorpos seguiu medrando, e ademais comprobouse que reaccionaban contra o virus  SARS-CoV-2 (neutralizábano). Tamén se observou que aos 14 días aumentaban os linfocitos de memoria (Células T maduras), coma nos monos.

E que hai da súa seguridade?

Para avaliar as reaccións á vacina administrouse a parte dos individuos paracetamol antes da vacinación. Os síntomas observados descritos na figura son os habituais que amosan a maioría doutras vacinas que demostraron ser seguras para multitude de enfermidades.

Unha das razóns polas que se tarda en aprobar definitivamente unha vacina ou medicamento é para comprobar a seguridade e eficacia da mesma a longo prazo

A máxima intensidade dos síntomas manifestouse un día despois da vacinación. E desapareceron por completo antes dos 7 días. Aínda que algunha reacción amosou características severas, en ningún caso foi precisa hospitalización. En canto á segunda dose, tamén produciu algún efecto, pero sempre máis leve.

O segemento exhaustivo da saúde dos participantes extenderase por un ano. É unha das razóns polas que se tarda en aprobar definitivamente unha vacina ou medicamento: para comprobar a seguridade e eficacia da mesma a longo prazo.

Pero aínda falta…

Os  investigadores constatan que son precisas máis probas con máis persoas con diferentes características de idade (nenos e anciáns), saúde, etc. antes de estar seguros de que é eficaz. De feito, xa se está preparando a seguinte fase, que comprende a vacinación de miles de individuos en Brasil, Sudáfrica e o Reino Unido.

Por que neses países? Porque a vacinación en rexións onde actualmente é máis sinxelo adquirir a enfermidade permitirá obter os datos necesarios para completar a experimentación. Os resultados e conclusións destes estudos serán os que determinen se a vacina se empregará para a profilaxis da covid-19.

Transparencia e veracidade

O que parece indiscutible é que a publicación en revistas científicas sobre como se están desenvolvendo medicamentos e vacinas é un requisito imprescindible. Principalmente porque implica que estes resultados sexan revisados minuciosamente por outros investigadores para detectar calquera fallo ou omisión, outorgando o nivel de veracidade que caracteriza o avance da ciencia.

A crise sanitaria actual está permitiendo dar a coñecer a todo el mundo as reviravoltas de cada unha das investigacións de novas vacinas para poder adquirir un criterio sobre as mesmas. A sociedade, de súpeto, amosa interese en temas científicos sobre os que hai escasos meses non entendía, como por exemplo el funcionamento do sistema inmunitario.

Hai que resaltar que isto é positivo e excepcional. É máis, supón un avance importantísimo para acercar a investigación científica a toda a sociedade, que é cara quen vai dirixida. En temas tan importantes como a saúde, en concreto as vacinas, debe coñecerse como funcionan e o seguras que son. Unha das responsabilidades dos científicos é que esta información chegue a toda a sociedade, de forma que o medo irracional ás vacinas non gañe terreo.  The Conversation

María Mercedes Jiménez Sarmiento, Científica do CSIC. Bioquímica de Sistemas da división bacteriana. Comunicadora científica, Centro de Investigaciones Biológicas Margarita Salas (CIB – CSIC); Matilde Cañelles López, Investigadora Científica, Centro de Ciencias Humanas y Sociales (CCHS – CSIC) e Nuria Eugenia Campillo, Científico Titular. Medicinal Chemistry, Centro de Investigaciones Biológicas Margarita Salas (CIB – CSIC)

Este artigo foi publicado orixinalmente en The Conversation. Le o orixinal.

*Na foto da apertura: edificio que acolle os laboratorios nos que a Universidade de Oxford desenvolve unha vacina contra a covid-19. Shutterstock / ClickyClarkPhotos.

Este artigo tamén está dispoñible en: Castelán

cool good eh love2 cute confused notgood numb disgusting fail